Normalmente as ruinas non prosperan porque as cidades ou asentamentos necesitan progresar e crecer. E moitas veces fano sen valorar o pasado e o destruen ou expolian. Pasou con murallas medievais, igrexas, barrios enteiros en todo o mundo. Non foi o caso de Jerash. Aquí a cidade foi asolada por un terremoto que rematou con ela. E no canto de reconstruirla os seus habitantes decidiron abandonala. Por esta vila pasaron mesopotamos, mamelucos, gregos, persas, pero os que deixaron maior impronta foron os romanos. Séculos despois, tralas guerras, volveuse habitar este asentemento, pero na colina do lado, polo que os restos se respectaron (máis ou menos) e hoxe en día é unha das vilas romanas mellor conservadas do mundo. Centos e centos de columnas, pórticos, igrexas, anfiteatros, circos, rúas romanas, beirarúas... Jerash ten de todo. Cando se puxo en valor o asentamento, se reconstrui o que se puido. Pero hai moitos restos que seguen baixo a terra, descubertos a miudo. Unha moi grata sorpr
O Grove non é o mellor sitio para darlle a volta en bici. Pero si que ten moreas de sitios que valen a pena visitar... e facerlles fotos, que diso vai a entrada. Pensamos en repetir a idea de fin de semana de volta en bicicleta pola peninsula. Pero a realidade foi que non se deixou moito. Ten vías moi tranquilas e ciclables. tamén carreiros que bordean o litoral. Pero tamén ten moito areal sen posibiliade de rodear. E tamén pequenos cantís nos que hai que levar a bici ao lombo. Agora ben, fermoso é dabondo. Tanto praias como paseos e portos. Tampouco acompañou moito o tempo. Pero eso ten as súas vantaxes: menos xente e mellores luces e estampas para esto das fotos. Ten moita extensión. Realmente só fixemos unha pequena parte, a da costa norte. Así que non me importaría para nada repetir.