Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

Rio Eifonso

O Eifonso é un dos carreiros máis fermosos que están dentro do Concello de Vigo, se non o que máis. Incrustado en Bembrive, fai subida contínua ao lado do rego. En pouco menos de 5Km ten muiños, pasos de fraga profunda, pontes, fervenzas... Un pequeno tesouro ao lado da urbe. A fervenza da Bouza Fría, semisescondida, a colección de muiños (algúns semirestaurados), as pontes (non todas en bo estado), e a interconexión con outros sendeiros de Bembrive, fan que este carreiro sexa moi recomendable en todas as estacións. Especialmente no outono e na primavera.

Semiretratos

  Cabelos Clave baixa Saude! Caida Falar Dúbidas Noite Paz Semiautoretrato Dime...