Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

Saiáns

A derradeira praia de Vigo. Muiños de Fortiñón. Famosa pola forza das súas ondas. Colonizada polo feismo. Inda así, dándolle as costas as casas, a paisaxe é espectacular. As súas rochas esconden moreas de postáis grazas a cantidade de pedras, algas, charquiños, a insistencia do mar e As Cíes presidindo o fondo. As fotos están feitas en Decembro. Neste mes o solpor visto en Saiáns escápase por Monteferro. Haberá que voltar no vran, cando o Sol despidese no medio e medio das illas Cíes O abrazo das ondas Lagoas agochadas de Saiáns Horizonte Dous por dous catro A saida Tres do solpor Cíes   PS: Grazas a dous (2 polo momento) bos colegas, que prestáronse a facerme de figurantes :-)

Os contrastes de Marrocos

A medina de Marrakech Caos. Motos, peons, bicicletas, coches, cabalos, burros cruzándose sen orde aparente. Ruas pequenas e prazas colapsadas. Nenos acostumados a pedir cartos os foráneos, por necesidade, por picaresca, ou por ambas as dúas. Xente, moita xente. Sensación de que cada persoa coa que se cruza a mirada é un comercial. Tentar o desenrolo mantendo a tradición. Multitude de oficios. Mercados. Caras concentradas, caras ausentes. Jamaa el Fna   Ausente. Zoco Porta da Medina Productos exóticos O sur do Anti Atlas Ausencia de vehículos; algún carro tirado por burro. Casas de adobe. Rúas de terra. Xente modesta, que comparte o pouco que ten. Rapaciñ@s que asaltan os foráneos ao sair da escola para practicar o francés aprendido na clase. “Bonjour!”, “Comment tu t´'appelles?”. Nenos nómadas que xogan con cabras, a falla de xoguetes ou de outros nenos. Pastores, agricultores. Tranquilidade. Caras de esforzo, caras sorri

Sen Medo

Muller sen medo "… El miedo de la mujer a la violencia del hombre es el espejo del miedo del hombre a la mujer sin miedo". Eduardo Galeano Texto enteiro O machismo e a violencia esconden cobardía. 25 Novembro.  Hai persoas que non necesitan un día para lembrar unha causa; sufrena tamén os outros 364 días do ano

Val do Drâa

O rio Drâa nace no Alto Atlas, e abre un extenso val ata o deserto, onde desaparece baixo a terra  para voltar a superficie centos de kilómetros despóis, antes da desembocadura, no Atlántico. So se fai evidente durante todo o percorrido nas épocas de choiva. Inda asi, xera un enorme oasis dentro do deserto que o rodea, favorecendo no seu curso a presencia de grandes palmerais e campos de cultivo, asi como numerosas poboacións: Tamnoughalt, antigua capital bereber; Tamroute, de tradición cerámica e cunha antigua biblioteca coránica; Nesrat e Oulad Driss, pequenas vilas de arquitectura de adobe… E M’Hamid el Ghizlane, a verdadeira porta do deserto. A paisaxe vai variando, de grandes e verdes palmeráis rodeados de montañas, a extensións de rochas e dunas con tamarindos e acacias rodeados de area e pedras. Árbores que sobreviven no seco, e que van estando máis illados canto máis nos alonxamos do Atlas. A nova cara da fortaleza Berebere

Dunas de Erg Cheggaga

Calor, vento e area.  Impoñente concentración de dunas cor tella, con tonalidades cambiantes según a hora do día.   Caras de luz e caras de sombra, divididas por aristas de liñas finas e sinuosas. Formas e tamaños diversos, texturas rugosas de pequenas ondas paralelas . Erg Cheggaga é un lugar especial. As dunad de Erg Cheggaga Sahara Vento e area   Gran duna O teu camiño Solpor Erg Cheggaga Subida a gran duna Luz, sombra e horizonte   Jam session na haima ​   As dunas de Erg Cheggaga (Ou Chegaga, Chigaga, Chegagga... según onde se mire) son un areal de 40x15 km ao sur de Marrocos, a poucos kilómetros de Arxelia. A un par de horas en 4x4 dende M´Hamid el Ghizlane polo oeste ou outras dúas horas ata Foum Zguid ao leste . As posibilidades que ofrecen á cámara son moitas. Conseguense distintas tonalidades, probando a con diferentes inclinacións do sol e xogando coa exposición e o balance de blancos. Para non abu

Ortigueira e arredores

Antes,  Ortigueira era coñecida polo seu festival. Agora,  coñecese polo seu festival, e por un banco. Porén,  Ortigueira e arredores sempre tiveron moito máis. Loiba Fuciño do Porco Luz do Norte Estaca de Bares Septentrional Herbeira Garita 613 metros sobre o nivel do mar Estrada DP-2205   Fotos tomadas en O Vicedo, Mañón, Ortigueira e Cariño.

A Fraga de Moaña

A fraga de Moaña. Tan escondida e tan cercana, tan misteriosa e tan aberta. Tan recóndita e tan próxima. Na súa atmósfera envolvente agochanse recunchos tan máxicos como accesibles. So hai que ir ali a descubrilos.