Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

Eslovenia - Paso de Vršič

 O paso de  Vršič  é a estrada máis alta de Eslovenia. Une Kranjska Gora con Bobec (no sentido Norte a Sur), atravesando os Alpes Julianos. Seica foi construida por prisioneros rusos, supoño que por eso hai unha pequena capela ortodoxa na parte norte. A subida paga a pena. As curvas numeradas son un reto para moit@s ciclistas. O entorno resulta ben fermoso. Dende os lagos de Jasna ata as partes altas, onde destaca o Jalovec. Rematado o porto, cara o Sur, camiño a Bobec, está a gorxa de auga de Soca Gorge, e a fervenza de Slap virge Xa bastante máis abaixo, chegando a Kobarid, está a fervenza de Kozjak. Ainda que esta última está bastante máis adaptada as visitas. Máis fotos de Eslovenia  Aquí

Luces de Nadal de Vigo. Ben, ou mal?

Este Nadal tentei vencer certas teimas que teño (basta visitar un par de entradas deste blog para comprobar o meu desapego as masificacións), e saín dous ou tres días, cámara en man, pola “zona cero” do alumeado navideño de Vigo. O que ninguén pode negar é que o impacto deste fenómeno é brutal. Pero... é un impacto positivo, ou negativo? Tod@s temos a nosa opinión ao respecto. Probablemente rotunda, como corresponde a estes tempos de polarización. Eu tamén. Ainda así, tentei enumerar todos os aspectos que atopei, a favor e en contra, p ara poñelos na balanza e replantexarme si se pode afirmar que é tan beneficioso para a cidade de Vigo, ou se é perxudicial. Ou un pouco de todo. Beneficios, ou personas beneficiadas: - Os negocios de hostelería do centro  e hoteles. Facturan moitísmo máis nestas datas que antes  da explosión do nadal en Vigo. Ainda así sería bo cuantificar esa diferenza de facturación entre  os anos previos e a actualidade. Con estes beneficios, quero pensar que contrata

3000 Ibones. Oulettes - Baños de Panticosa

  Derradeira etapa da travesía. Partindo de Oulettes, ao pé do Vignemale, subese ao porto dos mulos para entrar no val do Ara. Despois, subir polos Batanes ata o porto de Brazato, para despois baixar ata Baños de Panticosa. Subida aos Mulos . Val do Ara . . Batanes Brazato Gran Ibon de Brazato Baños de Panticosa Máis fotos dos 3000 ibones  aquí

Patrimonio Industrial de Vigo

 Hai edificios ou construccións que sempre estiveron ahi, que pasan desapercibidas, e que non poñemos en valor maila que son mostras vivas do noso pasado industrial. Seguen en pé. Agochadas dentro da cidade.  Algunhas apodrecendo día a día, disfrazandose entre maleza, como a fabrica "Miau" de Alfaceme, en Tomás Alonso, ou a Artística, na rúa Coruña.  Fábrica conservas Miau - Alfaceme Artística Outras agardando un plan de restauración que nunca chega, como a panificadora... E outras desexando que non tivera chegado ese plan de restauración, como o atentado incomprensible que se fixo con parte da Metalurxica. Panificadora Metalurxica. Parte da fachada sen restaurar. Na marxe esquerda, mole acristalada construida tra-la parte da fachada "restaurada" Algunhas delas están deixando pasar o tempo ata que sexan derrubadas para construir mamotretos. Como se fixo con Cordelerías Mar, nave sustituida por edificio de 10 alturas a escasos 50m do mar. Frigodís Malagán, en primeir