Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2023

Pequena Petra

Este desfiladero pode parecer un entrante, ou un primeiro prato, antes de visitar Petra, o sitio arqueolóxico máis famoso. Seguro que ninguén vai a Jordania a ver solo este enclave, pero a min gustoume moito.  Pode ser que sexa porque, ao ir tarde, estaba menos masificado e a luz que iluminaba as paredes do desfiladero daballe un toque diferente. En parte pola orientación da caida da luz, na propia dirección do desfiladero. Aquí a civilización Nabatea recibía as caravanas e visitantes que entraban de paso, era como o sitio funcional onde atendían as caravanas que estaban de paso, mentres o esplendor de Petra quedaba só para uso da poboación local. En resumo, que xa que se vai a Petra. Ten todo o sentido do mundo non perderse a Pequena Petra. Bueno, e se vas nun tour organizado, como que non queda outra. Máis fotos de Jordania  aquí

Os monstros

Son monstros? Son enaxenados? ou son a punta do iceberg, os individuos que, polo que sexa, se volveron agresivos, dentro de unha sociedade que asigna roles, uns con caracter de dominación, e outros de carácter de sumisión e servizo ao dominante? Sexa o que sexa, imaxino que as dúas teorías poden ser admisibles, non custa nada convivir en igualdade. Sen presuponer papeles asignados ao xénero. Porque elimina o rol dominante, o rol de posesión. De feito sorprende o que se avanzou nos últimos anos neste sentido. Por eso sinto pena cando vexo voces involucionistas que claman contra os progresos, e poñen en dúbida os consensos que se acadaron na convivencia.  O primeiro paso para combatir unha violencia é identificala. Non se pode erradicar a violencia racista se non se recoñece o racismo. Do mesmo xeito, non se pode combatir a violencia machista si se nega o machismo, si se dilue entre todo tipo de violencia. Quizáis cada un de nós teña unha persona maravillosa dentro, pero tamén un monstro

O cocho e Mourisca

 O cocho e a Mourisca son as praias que están separadas polas instalacións do museo do mar, no antigo matadoiro de Vigo. Non é a primeira vez que vou por elas de paseo, nin seguro que será a derradeira.

Redes: Cuyargayos

  O pico cuyargallos está na entrada do val do Nalón, polo que está lonxe en altura de outras cumes do parque de redes. pero ao estar relativamente illado ten unhas vistas ben fermosas. Sobre todo no outono, no que os bosques de arredor teñen multitude de cores. Pero non só as vistas o fermoso da ruta. Os camiños rurais, as panorámicas do val, e de  Soto de Argues (comeza a ruta do Alba), as foz do río Nozalín, os bosques de conto fan a ruta moi interesante.  Hai duas formas de subilo, seguindo o PR AS 63 e accedendo ao cume, ou facendo o cresteo dende o collado Imblenes.  Nós fixemos algo intermedio, xa que por erro accedimos ao antecumio antes de tempo, abandonando o PR e ascendendo por unha canal aberta, pensando que era o cumio, e tuvimos que facer o derradeira parte da arista. Track para quen lle interese: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/redes-cuyargallos-153251633 Máis entradas sobre o Parque de Redes Aquí

Treboada Domingos

Co aumento da temperatura do mar, teremos que ir acostumándonos a estas treboadas "dopadas" de moita auga e moito vento que duran días.  Semella que non hai outono, do vran pasamos directamente ao inverno. A desta finde, a que chamaron Domingos, non deu moitos intres de acougo. Gústame aproveitar os anacos de luz entre chuvasco e chuvasco, son ben curiosos. Creo que desta vez pagou a pena. A pesar de ser collido por un par de ráfagas de choiva. E a pesar de que as ondas estiveron un par de veces a piques de enchouparme os pes. Gústanme as treboadas. Permiten sacar fotos fora do habitual. O que xa non me gusta é que sexan tan inusualmente fortes e insistentes. Hai quen dí que son cíclicas, hai quen dí que é o cambio climático, que xa se nota. Eu son dos que pensa que é o quencemento global. E asusta un pouco comprobar que non queremos cambiar nin un chisco o noso estilo de vida para evitalo.

La Fajana (outra volta)

 A verdade é que tanto me gustou esta lugar de La Palma, que non me chegou co primeiro post . Así que por non ser capaz de seleccionar, tiven que facer outro. Máis entradas sobre La Palma  aquí