Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2020

Transmisión

2020.  Transmisión do Coronavirus... e da confrontación. A transmisión da Covid19 estivo durante este ano de pandemia en boca de todo o mundo. Pero hai outras transmisións, quizáis non tan mortales, pero si máis perigosas para a convivencia. A transmisión do “medo ao diferente”, que acaba provocando a transmisión do “odio ao diferente”. A transmisión da resposta simple e breve, da conversa empobrecida, que conleva a transmisión da crispación. A transmisión do “quen non está conmigo está contra min”, que arrastra a transmisión do enfrentamento. A transmisión do concepto de “bos contra malos” (obviamente, os de cada ún son sempre os bos). O que desencadena na transmisión da falta de empatía con colectivos alleos A transmisión da creación artificial de enemigos para promover a reivindicación propia. Ou o que é o mesmo: A transmisión do “first…” Primeiro: eu. Primeiro: nós. Primeiro: a miña vila. Primeiro: o meu país… Esto provoca transmisión a nivel particular de individualismos e meritoc

Só nos queda ollar ao mar

  Cando a única alternativa é mirar cara o océano Hai uns anos, fixeronse anuncios e propostas que deron esperanza en que Vigo recuperara unha parte da outrora espectacular praia de Samil. Ollar cara o mar De costas a todo Tombo do Gato O que temos Derradeiras oportunidades Poucas luces Ventos da ría Resignación Supervivencia  O obxectivo do ambicioso plan era e liminar o feismo de arredores. Racionalizar as edificacións e servizos. Modernizar o paseo, convertido polo alcalde Portanet nun muro que arrincona a praia. Darlle protagonismo a duna e a area…   Pero nada. Onde había uns mamotretos, aparecen outros. Concesions renovadas ou intercambiadas. Onde había edificacións decadentes, agora hainas de postureo. Pero son mamotretos a beira do mar igualmente.  E se non son decandentes agora, o serán dentro duns anos. Porque as ocurrencias fora de contexto sempre levan mal o paso do tempo.   Todo quedou en palabras, levadas polos ventos da ría. Como tantas outras.   Sempre nos queda camiñar

Novembro de incertezas

Novembro, o mes do outono previo ao inverno, sempre ven acompañado de tardes cortas,  de cogumelos, de follas caídas, de ventos fríos, de chaparróns intermitentes, de choivas interminables, de luces tenues, de arcos da vella, de solpores oblicuos…   Este ano é diferente. En 2020, Novembro foi algo máis gris.  Viu coa compaña que traia todos os anos, pero ademáis trouxo incertezas e incertidumes polo que está por vir.