Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2023

Redes: Brañaganones

  No corazón do parque de Redes atópase o refuxio de Brañaganones. Rodeado de tupidos bosques (un deles é o que da nome ao parque natural) e tamén de imponentes peñas e montañas. situado a carón dun prado ou majada, da pé a comezar fermosas rutas, ou simplemente pasar unha noite ou ir a comer. O acceso só se pode facer a pé ou nun transporte-tractor.  Estas fotos foron feitas nunha tentativa de subir o Canto de l'Osu non acadada, xa que facía un día moi malo sen visibilidade. O que non impediu admirar as cores das arbores no outono. Máis entradas sobre o Parque de Redes  Aquí

Uma

 Os Border collie están de moda en Vigo. Tanto, que, de seguir así, acabarán declarando especie invasora a este can intelixente e montañeiro. Non sei se Uma é a exemplar máis lista ou a máis bonita das que andan por Vigo. A min parécemo, pero recoñezo que non son parcial porque lle teño cariño.

Cristo da Victoria

Vigo é cidade industrial, históricamente obreira. Porén, as marchas de persoas máis multitudinarias de xente non foron nas manifas do metal, nin ningunha folga xeral. Tampouco naquelas marchas cando querían facer descender administrativamente ao Celta a segunda división, a pesar do orgullo celeste que ten a vila. Tampouco aqueles 8M, nin as protestas pola sanidade pública, de cando Vigo saca o seu caracter reivindicativo. Según os datos en prensa, a que gaña a todas estas é a procesión do Cristo da Victoria. E iso que é en agosto e con calorazo.  O que non acabo de entender moi ben, é porque se acompaña de exercito e bandeiras nacionales. Pero o dos simbolos en España semella batalla perdida. Tampouco porqué nun pais que ten (teóricamente) separación de poderes, as autoridades civiles encabezan a marcha, e non van como personas devotas individuales. Ten un certo poso antigo. Dito esto, o meu respecto a todas as personas que participan. Crer en algo debería ser o último que se perde. Og

La Fajana

La Fajana é un pequeno conxunto de casas costeiras de Barlovento, na illa de La Palma. Situadas ao norte. Tamén da nome as piscinas naturais que  están ao lado das edificacións. A idea era aloxarse alí para descansar despois de unha andaina. Simplemente para dar un chapuzón. Pero quedei engaiolado coas formas das puntas da costa, coa calma das piscinas, coa cantidade de peixes que quedaban encerrados nelas, coas praias agochadas, co solpor tan fermoso que quedaba e co restaurante  La Gaviota  (que non sei se é a comida ou o entorno, pero a experiencia de cear alí é xenial). Máis entradas sobre La Palma  aquí