Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2015

Laugavegur (II)

… E dous. Como nesta andaina hai tantas paisaxes diferentes, a miña neurona no foi quen de facer selección para unha única publicación, así que repartín as fotos en dúas. Non teño moito máis que engadir que non dixera na primeira entrega . Esta segunda parte contén  fotografías das dúas derradeiras xornadas: dende o refuxio do lago Alftavatn ata Þórsmörk ( Thorsmork ). Neste percorrido pódese camiñar entre volcans verdes fosforitos, desertos de area negra, ou asomarse ao vacío de inmensos cañóns. O espello do lago Alftavatn O cono do Volcán Stórasúla As estradas F Deserto Maelifellssandur Cañón Markarfljótgljúfur . Enriba das nubes Cañón Markarfljótgljúfur . Cando a natureza fai que te sintas pequeno