Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2016

Carros de Foc. Fin.

Non son nada fanático de superar retos físicos, e polo de agora considérome máis fotógrafo que montañeiro (levei o mesmo número de obxectivos que de calcetíns). Pero non podo negar que sentin unha gran satisfacción por ter rematado os Carros de Foc. Quizáis porque antes de comezar pensaba que nos viña un pouco grande, e superar as expectativas sempre enche. Lembrarei moito tempo esta experiencia: as paisaxes, o illamento do mundo, o esforzo compartido, apañarse só co necesario, a xente que atopamos polo camiño, e, sobre todo, a xente que me acompañou. FIN DOS CARROS DE FOC. DÍAS 5 E 6 "A baixada" Estany Cubieso e Pic Tort "Que pequenos somos" Estany Mariolo e Estany Tort "Josep Maria Blanc" Pic de Peguera "Val de Monestero: Case estamos" ​​ ​ "Bucólico" Riu de Monestero e o fondo Pic de Peguera e Tossalet del Mig "Fin dos C

Carros de Foc. Día 4

Cuarta xornada. Etapa raiña: O Contraix. Por fin chegou o día. Rematou a conta atrás: A subida e baixada do Collet de Contraix. A etapa máis difícil de todas. Se a rematábamos saberíamos que, salvo desastre, iamos completar os Carros de Foc. Amencer no Estany Negre Derradeira vista á serra do Tumeneia A "ameaza" do Contraix A recompensa do Contraix Estany de Contraix Barranc de Contraix Chegando a Aigüestortes Ventosa i Calvell – Estany Llong. Xa tiña gañas de descubrir como era ese paso do que todo o mundo falaba, e de quitar de enriba esa especie de "espada de Damocles" que nos acompañou cada un dos días anteriores. Almorzamos todo o cedo que permitía o refuxio (normalmente os almorzos son de 7 a 8). Como estaba esperto na litera, baixei antes da hora para organizar a mochila, xa que oa sala onde había que deixalas era bastante pequena en Ventosa i Calvell, e despois do almorzo ia ser un cristo co