Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2020

Senda Camille: Bisaurín, Sarrios, Ibon Estaner

Cumio do Bisaurín Castillo de Acher e Secús Cores de montaña Vernera Sarrios. Ibon Biello Ibon de Estaner Senda de Camille Volta a Francia A subida ao Bisaurín require esforzo, pero a recompensa paga moito a pena. Dende o cumio máis alto destes Pirineos Occidentales a vista é 360 grados. Pódese admirar hacia o Norte o Castelo de Acher e as súas diferentes tonalidades, ademáis das augas Tortas e o coll d´Arlet, do primeiro día da senda de Camille. Ao Oeste está o veciño Pico Agüerri, que parecía imponente cando o bordeábamos por Taxeras, pero non tanto dende o Bisaurín. Hacia o Sur a vista exténdese ata os fins dos vales desta zona, e vilas que poderían ser a propia Jaca. E hacia o Leste a colección de cumios dos pirineos, que hai que coñecelos ben para diferencialos: Collarada, Balaitous, Monte Perdido, Vignemale… Como non é o meu caso, eu solo recoñezo o que está sempre omnipresente nesta zona: o Midi d´Osseau. Na derradeira etapa subese dende o refuxio de Lizara ata o porto de Verner

Senda Camille: Lescun, Petrachema e Anzotiello

  Paso do Petrachema Lescun Queres queixo? Aiguille D'Ansabere dende Petrachema Foyas de L´ingeniero Chegando a Linza Cara o Anzotiello Contraluz Midi D´Ossau dominando o horizonte Cara Oza Na terceira etapa da Senda de Camille vólvese a Aragón, polo paso do Petrachema. Xusto a carón da famosa “Mesa de los tres Reyes”, onde confluen os antigos reinos de Aragón, Navarra e Francia. A subida ata o collado é continua, entre bosques e prados, onde non faltan cabanas de pastores nas que mercar queixo de ovella. O Petrachema xa é un paso de montaña, de rocha e sen herba. Igual que a baixada ata Linza, polas “Foyas del Ingeniero”, de curioso nome. Na seguinte xornada o porto a superar é o Anzotiello. Rochoso tamén pero menos dificultoso. Entramos no val que leva ata a selva de Oza. Ao fondo, como en case todos os collados, o Midi D´Ossau dominando o horizonte.   Máis fotos da Senda de Camille aquí

Senda Camille: Pirineo Francés

  Midi D´Ossau Bosque Espelunguera Ibon D´Arlet Paisaxe de conto Siluetas do Solpor Frontera Rebaños a 2000m Ruta da Liberdade Coll de Palo Ovellas Comezamos a Senda de Camille partindo de Somport hacia Francia. Creo que é boa opción porque o refuxio Aysa semella máis cafetería de frontera que refuxio clásico. No pirineo francés subese entre bosques e rebaños de ovellas ata o refuxio de Arlet, situado nun entorno de conto: a carón de un ibón rodeado de montañas, e coa silueta impoñente do Midi D´Ossau ao fondo. Subindo un pouco máis arriba, hacia o Col D´Arlet (que é a frontera con Aragón), podemos ver por vez primeira o Castillo de Acher, o Bisaurín, e as Augas tortas, ademáis de unha perspectiva idílica do refuxio e o seu lago.   A segunda etapa discurre pola frontera entre Francia e Aragón. Permite vislumbrar ambos territorios e ver o paso da ruta da liberdade, por onde tanto españois como franceses escapaban do fascismo; durante a guerra civil española uns, e durante a segunda guer