Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2022

Anillo de Picos VII. Vegarredonda - Soto de Sajambre

Etapa que ten de todo: vistas, alta montaña, prados, caliza, jous, e un bosque de conto. Dende o refuxio de Vegarredonda súbese ata bordear o Porru Bolu, que ten unha impoñente parede norte. A ascensión contínua permítenos ver os lagos de Covadonga, un mar de nubes, e (esta vez si) as montañas boscosas de Ponga e Redes, dende a collada de Merines. Porru Bolu Rebeco entre os jous Vistas dende Collada Merina Camiñando vendo Redes e Ponga A partir de collada Merina, o traxecto é montañoso, escarpado e por momentos lunar. Moi carácterisitico de  Picos , a caliza e os seus jous. Pasamos por fuente prieta e rematamos na extensa pradera que é Vega Huerta. Os rebecos observannos dende a distancia. Estamos ao pé da cara sur de Peña Santa. Esta parede ten 500m de alto, e goberna todos os prados Refuxio de Peña Santa A partir de Vega Huerta, solo queda continuar polo collado del Burro e baixar pola canal de Perros ata chegar aos collados de Frade. Aquí voltamos a ese bosque encantado de Vegabaño.