Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2023

Outra finde en Porto

 Si, non é a primeira entrada que publico de Porto. De feito fixen unha hai pouco. Pero é que me gusta moito. É certo que empeza a estar xa algo saturada, que se está volvendo tan cool bohemia que vai deixando de ser o que foi. Posiblemente será absorbida polas aglomeracións e perderá a súa identidade. Pero ten un encanto especial. Porto xa ten o que teñen todas as cidades cosmopolitas: Turistas enchendo terrazas, despedidas de solter@, postureo, moreas de free tours...  Non se me entenda mal: tod@s temos dereito a facer estas cousas, e tod@s as fixemos nalgún momento. Pero hai que ser conscientes que facendoo, cambiamos os lugares.  É o de sempre: que tod@s nos cremos viaxeir@s, pero no fondo a grandísima maioría somos solo turistas. Pode ser que non quede outra opción para dinamizar e revitalizar vilas como Porto. Enchelas de visitantes. Pero hai que ser conscientes que se deixan cousas polo camiño. No que se refire a lugares, máis que as súas archicoñecidos reclamos, gustame esa ese

Formentera

Semella que Formentera foi salvada a tempo da especulación inmobiliaria. Imaxino que gracias a elo conserva grandes areas semivirxes, e espazos amplos que lle dan un aura especial. tanto nas proximidades do seus faros Barbaria e Mola, como na preciosa lingua de terra de Ses Illetes.