Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2021

Volta Monte Perdido e Vignemale. O Circo de Gavarnie

A etapa entre Espuguettes e Grange de Holle está considerada como de descanso .  Descanso fisico, porque na viaxe ten un dos maiores atractivos: O Circo de Gavarnie. O Circo de Gavarnie Comezamos con choiva feble. Camiñando por un bosque, contorneando o val, ata que se empeza a vislumbrar o Circo de Gavarnie. A “grande Cascade de Gavarnie” vese dende moi lonxe, pero nunca parece que se achegue, por moito que se camiñe.  Introducirse no Circo glacial, deixando rodearse de paredes e numerosas fervenzas é unha sensación indescriptible. Sentirse tan pequeño entre unha cousa tan grande, e fermosa As nubes, que entran e saen do circo, de cando en vez tapan a gran fervenza. Pero da un aire ainda máis místico a este lugar. As escenas ou paisaxes cambian en cuestión de segundos por mor do vento e as névoas. Incriblemente, apenas hai xente. O camiño ao pobo xa é máis romeria. Tras darnos unha pequena homenaxe nos restaurantes de Gavarnie, proseguimos ata Grange de Holle.  Outro refuxio acolledor

Teno

  O parque natural do Teno, no Oeste de Tenerife, ademáis de conter atractivos tan coñecidos como os Gigantes ou o Barranco de Masca, ten unha ampla variedade de paisaxes, tanto montañosos como cantís costeiros. Mención aparte o bosque de laurisilva, frondoso e absorbente. Mestura de prantas e cores tropicales con névoas e humidade atlántica.

Volta Monte Perdido e Vignemale. Espuguettes

As vistas dende este refuxio merecen mención aparte. Un auténtico balćon para contemplar durante horas. Panorámica dende Espuguettes Arco da vella sobre o val D'Ossoue O refuxio Nubes cubrindo o circo de Gavarnie Vistas Val e nubes Brecha de Rolando Mar de nubes Lingua branca Vignemale cuberto Por un lado, a brecha de Rolando, coa torre de Marboré ao lado; debaixo, adiviñase a forma do Circo de Gavarnie.  De frente, o val que remata no puerto de Bujaruelo, co Taillon enriba. E doutro lado, deixando guiar a vista polo val que leva ao pobo de Gavarnie, adivinase o val d´Ossoue, que remata, ao fondo, co inmenso Vignemale. As nubes van entrando e saindo do val. Tapando e mostrando as montañas de forma caprichosa. Facendo que a paisaxe sexa ainda máis impresionante. Máis entradas da Alta Ruta do Perdidos  Aquí

Rio da Fraga e Xaxán

A fraga de Moaña é un dos recunchos máis fermosos da ría. Nunca defrauda, por moitas veces que se percorra, dende a desembocadura do rego ata o alto do Xaxán. Sempre resulta sorprendente introducirse nela. Camiñar entre o caos de troncos e ramas, as ruinas de muiños, as numerosas fervenzas pequenas. A frondosa fraga deixa pasar poucos raios de sol. Ainda que rodeada de eucaliptos, o rego mantén ese ambiente escuro e húmedo que realza as cores.