Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2015

A alba do 27 de Setembro

“Presiento que tras la noche Vendrá la noche más larga Quiero que no me abandones Amor mío, al alba” (*)   "A impotencia dende fora" O que se esquece pode repetirse. En memoria de Humberto Baena, asesinado polo franquismo o 27 de Setembro de 1975, condeado nun xuizo sen garantías, no que non se admitiron probas que o exculparían dun crime que non cometeu. Homenaxe a súa xente. Aos que o réxime llelo arrebatou. (*) Luis Eduardo Aute "Al Alba" , inda que por aquela época era interpretada por  Rosa León

Cabo de Gata

As cores do seco As cores da praia dos mortos Calas Rodalquilar Agaves Genoveses A pedra e a Lúa Camiño a praia da meia lua   Amencer no peñon branco Ladeiras douradas   Vermella Mirador Amatista Para sorprenderse nunha viaxe compre deixarse engaiolar. En Cabo de Gata é sinxelo. Pode que as súas praias non teñan a area  fina e dourada, pero teñen contrastes igual de espectaculares que no norte. A beleza do seco. Recomendaría este afastado e (cada vez menos) illado lugar incluso aos que se deixan cegar polas comparacións. Iso si, non a 40º. Non pasara tanta calor na vida.  Esaxerando un pouco, e por por poñer unha cita (que sempre lle da un aquel), penso que ben podería parafrasear o título dunha expo que visitamos uns días despois:  "I have been to hell and back. And let me tell you, it was wonderfull"* *Louise Bourgeois, Museo Picasso, Málaga, vran 2015.