Fotos do monte Alba e do Cepudo Subir ata o monte Alba sempre ten premio. Tanto se é pola estrada do Zondal, como polos camiños entre freixo e monte dos pozos. Ou subindo a pé polo GR (as veces que o tentei en bici declareimo misión imposible). Acostumo a subir moitas veces ao ano. sexa ao sair de traballar ou en fin de semana. É unha sorte telo tan preto. E sempre que podo, vou coa cámara. Cando é máis interesante para fotografiar é polas tardes, cando cae o sol.
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".