Sempre me botou para atrás ir a Sanxenxo, por motivos completamente subxetivos. Principalmente que é un lugar moi recurrido onde o Rei Bribón vai a navegar, e o tipo de turismo que busca un perfil co que eu non comulgo moito. Por iso non fun moito, máis alá que a praia de paxariñas ou ir de festa a portonovo. O derradeiro setembro fun de camping coa idea de percorrelo coas bicis, e descubrín que ata agora fora moi inxusto. Hai moitos recunchos que creo que non se petarán nin no vran, a xente super amable (maila ser setembro e estar a fin de tempada). Hai moito camping, e non tanta super urbanización turistica como agardaba. Resultoume moi ciclable, agás algún super repecho. E sobre todo moi fotoxénico. Tanto para facer fotos dende a bici coa Nikon AW130 como para pararme coa Leica.
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".