Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2023

La Palma Sur

O sur da palma ten os volcanes máis novos da illa, polo que ainda non tivo tempo xeolóxico para ser tan verde coma o leste. Imaxino que o clima tamén ten algo que ver. O resultado: extensións enormes de novas terras volcánicas. Ben curiosas e diferentes.   Solpor en los quemados Na cara oeste hai uns solpores moi fermosos, con moitas posibilidades para velos, xa que a oreografía é moi escarpada. Neste lado tamén están os restos da derradeira erupción, que tanto trastornou a vida da xente da illa. Entre as partes afectadas, está o complexo hotelero de puerto naos, que tampouco me coincide moi ben co tipo de turismo que entendo que vai a visitar La Palma. No momento que eu estiven na Palma eran unhas rúas pantasma. praia de charco verde O novo volcán Nova realidade Entre a terra e o ceo Volcán de San Antonio Novos volcáns do sur Calas de Malpais Máis entradas sobre La Palma  aquí

Rutas de la Palma

  Pequena selección de fotos feitas durante rutas de curto percorrido na illa da Palma.  Esta zona é un paraiso para o sendeirismo, con unha ampla rede de carreiros, en moi bo estado e moi ben sinalizados. Fervenza de Los Tilos Nubes pasando do leste ao oeste da illa, sobre cumbre vieja. vista dende o Roque dos Muchachos. Miradoiro do espigón Atravesado, en Las Nieves Barrancos de Buracas No interior do Cubo de la Galga Barlovento Entre plataneros Tajinaste solitario na caldera de Taburiente. Máis entradas sobre La Palma aquí

La Palma Costa Este

  Creo que a vertente leste da illa da Palma foi a parta das que visitei que máis me gustou. Bosques frondosos, barrancos profundos, camiños verdes de laurisilva, praias, piscinas naturais... A praia de Nogales é moi coñecida. Está baixo imponentes cantís. É certo que en Galicia temos varias parecidas, pero non con area negra.  E a pasarela de acceso é preciosa, xa só por percorrela paga a pena baixar a praia. As piscinas naturais son moi curiosas. Podes estar bañandote no mar cando hai unhas ondas batendo forte nas rocas. E co chiringuito ao lado. O miradoiro de san bartolo da unha moi boa perspectiva da costa e do interior, por estar nunha elevación. Barrancos con estradas sinuosas e as veces tortuosas ... E a singular capital da illa, Santa Cruz, que ten unhas rúas con moito encanto. Máis entradas sobre La Palma  aquí

Redes: Arrudos

O desfiladero de los Arrudos é unha das rutas máis carácteristicas do Parque Natural de Redes.  É longa e moi completa. paga moito a pena. O inicio (a saida dende Caleao) é sinxelamente espectacular. Vaise remontando o río, entre enormes parades de pedra e bosque, ata chegar as zonas altas do parque, xa moi preto de León. Unha vez arriba, bordeamos o Cascayón e temos unha panorámica preciosa de todas as montañas de Redes, Tiatordos, Canto de l'osu, peña del vientu (límite con León) e ao fondo de todo o macizon occidental de picos de europa, ou tamén chamado de Cornión, no que destaca Peña Santa (que eu saiba diferenciar dende lonxe) as formas sinuosas das crestas de redes son ben curiosas. A pega era que o día non acompañaba e facía un vento que case nos levaba voando. No canto de voltar directamente a pista que leva a infiesta, pódese pasar polo lago Ubales. É certo que a pista faise un pouco longa (máis ainda con vento e choiva que golpea na cara) pero as vistas outoñais de Astur