Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2015

Islandia (I) - Jokulsarlon

  Lago de Icebergs de Jokulsarlon.   ​ Espectáculo inmóvil. Formas xélidas de todos os tamaños e cores. Caos de xeo.  Silencio e frío. Impresiona. Mesmo sen ter as luces de final do día, nin ceo claro, nin vento tranquilo que deixe calma a auga. Jokulsarlon  é un deses lugares que se quedan na cabeza toda a vida.

O Outro Faro de Vigo

Solpor Xunt@s A cunchas da praia do matadeiro Faro a Contraluz Saudade Solpor tralo faro O instante Sube a marea Os arredores do museo do mar son un lugar moi tranquilo despois do vran. A pouca xente que pasa por alí está paseando o can, mirando o mar, pescando, ou agardando o solpor, que a mediados de outono coincide no medio e medio das Cies. Soamente se escoita o ruido provocado polo vento suave e o mar tranquilo do interior da ria. Bo lugar para cavilar.  Para abstraerse das cousas que pasan e das que non pasan. Ten un aire a saudade.  Ademáis (que para iso estamos), é tamén un moi bo lugar para facer o friki botando moreas de fotos. Capturando dende varios puntos de vista o faro concebido por aquel arquitecto italiano, que nunca chegou a velo rematado: O outro Faro de Vigo.