Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2021

Montañas de Riaño

Nesta zona do norte de León conviven as súas paisaxes impresionantes cunha historia recente dramática e frustrante. Novo Riaño A contorna da poboación de Riaño forma parte do parque rexional dos Picos de Europa. As súas montañas teñen oreografía moi parecida ao parque nacional: abruptas e calizas. Quizáis non son tan escarpadas, pero a mestura entre frondosos bosques e prominentes montañas resulta espectacular. Peñas Pintas dende o Gilbo Máis o que fai diferente a Riaño son as augas do seu embalse. Foi un absoluto atentado ecolóxico, como tantas outras veces, os supostos intereses da especie humana puxeronse por enriba do tremendo impacto ambiental que supón tal cantidade de auga nos vales anegados. Mudou para sempre este entorno.  Prados de Liegos No interior dos bosques do parque Hai que recoñecer que paisaxisticamente é precioso: auga máis montañas, pero o prezo semella demasiado alto. Ademáis, as imaxes anteriores ao embalse mostran que Riaño era fermoso dabondo antes, igual ou mái

Volta monte perdido e Vignemale: Oulettes - Bujaruelo

Todo remata. E as semanas na montaña tamén. A derradeira etapa percorreo o rio Ara. Dende a súa cabecera ata o Refuxio de Bujaruelo. Val do Ara Comézase entrando en calor coa subida ao puerto de los Mulos. Volta outra vez a Aragón. Desta vez, definitiva. Bordeando outra vez o Vignemale para chegar ao nacemento do Rio Ara. Que se adiviña máis que se ve, antes de que empece a encañonarse. Xa non se abandona o val, entre prados, cabanas, vacas e bosques, ata chegar ao refuxio de Bujaruelo. Onde remata esta aventura. Amencer na cara norte do Vignemale Paso de los Mulos Rio Ara Obstáculos diferentes Fin do camiño Torla Noite en Ordesa (I) Noite en Ordesa (II) Máis entradas da Alta Ruta do Perdidos  Aquí