Saltar ao contido principal

Montañas de Riaño

Nesta zona do norte de León conviven as súas paisaxes impresionantes cunha historia recente dramática e frustrante.

embalse riaño anochecer gilbo puente
Novo Riaño

A contorna da poboación de Riaño forma parte do parque rexional dos Picos de Europa. As súas montañas teñen oreografía moi parecida ao parque nacional: abruptas e calizas. Quizáis non son tan escarpadas, pero a mestura entre frondosos bosques e prominentes montañas resulta espectacular.

Gilbo peñas pintas riaño esla embalse
Peñas Pintas dende o Gilbo


Máis o que fai diferente a Riaño son as augas do seu embalse. Foi un absoluto atentado ecolóxico, como tantas outras veces, os supostos intereses da especie humana puxeronse por enriba do tremendo impacto ambiental que supón tal cantidade de auga nos vales anegados. Mudou para sempre este entorno. 


Prados de Liegos


Yordas bosque riaño hayas
No interior dos bosques do parque

Hai que recoñecer que paisaxisticamente é precioso: auga máis montañas, pero o prezo semella demasiado alto. Ademáis, as imaxes anteriores ao embalse mostran que Riaño era fermoso dabondo antes, igual ou máis que na actualidade.

Columpio de Riaño leon
Columpio.


peñas pintas riaño huelve embalse montañas
A montaña de Riaño

O que Franco non deu feito na dictadura, rematouse en democracia. E co punto tráxico de que as comportas se pecharon só un día antes de que entrase a directiva europea que ia prohibir este tipo de infraestructuras sen estudios de impacto ambiental. 


carende bosque mitoloxico SL LE7
Carende

carende bosque mitoloxico SL LE7
Bosque mitolóxico

peñas pintas Salas ascenso riaño embalse
Névoa no val

Basta dar un pequeno paseo polo Novo Riaño para ver que aquel drama non se superou. En todas as esquiñas hai referencias aos sete pobos anegados, e imáxes que os lembran. Nos bares, nos restaurantes, nos hoteles... A praza do pobo chámase "Plaza de los pueblos".


riaño embalse esla peñas pintas
O Esla tra-la presa

riaño peñas pintas montaña huelde embalse
Beleza artificial dende o Huelde

Non é para menos: A xente tivo que ver como as súas casas foron destruidas antes que anegadas, incluso houbo un suicidio. Tivo que intervir o exército. 


embalse riaño leon historia
Nostalxia da historia

Peñas pintas Riaño
Balcón do Peñas Pintas

E todo para xestionar unha auga para regadíos dos campos ao sur da provincia de León que nunca chegou a utilizarse nas cantidades que se prometeran.

Yordas riaño liegos embalse leon montaña
A vida antes do encoro

yordas ascenso riaño leon montaña bosque
Bosque no outono de León

Pola contra, o declive da comarca dende aquela foi imparable. Situación que se percibe nas conversas de bar, como en moitos outros pobos do rural. O que fai especial a decadencia de Riaño é que a causa de este éxodo foi traumáticamente imposta, pouco acorde ao tempo no que sucedeu.

Peñas pintas gilbo huelde riaño salas montaña embalse
Gilbo dende Peñas Pintas

Sobrevoando as montañas


O paso dos anos deu a razón aos opositores ao embalse.


yordas liegos riaño embalse
Descenso ao val

Rebecos

Outra vez os gobernantes fixeron desfeitas sen escoitar a ninguén, ainda habendo claros e fundamentados argumentos en contra das súas intencións. 

peñas pintas riaño montaña majada
Atravesando a majada

Baixo as nubes e sobre a névoa

De nada serviron as protestas de veciños, ecoloxistas e intelectuais. Os que mandaban creronse máis que o povo que lle deu o poder, polo simple feito de telo.


Panorámica baixo o Yordas

Esquio

As eternas e fermosas montañas de Riaño miran as falcatruadas da especie humana. Agora teñen os pes mollados, mais alzanse impoñentes. Entre elas, bosques cargados de vida e especies autóctonas. 

Yordas

Dende o cumio do Gilbo

O Yordas, Peñas Pintas ou Gilbo (tamén chamado Cervino leonés), xunto coas augas do encoro que agochan o pasado, compoñen unha paisaxe de postal.

Bosques de Riaño e o Espigüete

Pequenas cousas


Derradeiras luces sobre o encoro

A Mora

Andainas nas que foron feitas a maioria destas fotos:










Publicacións populares deste blog

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo ser

Irlanda - Munster

En Munster coinciden os maiores reclamos que ten Irlanda. Limerick, Cork, Cashel, Parque Nacional de Burren, Kerry, Adare... e sobre todo os merecidamente famosos cantís de Moher. -x- En Munster coinciden los mayores reclamos que tiene Irlanda: Limerik, Cork, Cashel, Parque de Burren, Kery, Adare... y sobre todo los merecidamente famosos acantilados de Moher. Cliffs of Moher. Paredes do Oeste Solpor en Moher. Cantís dourados Cashel As ruinas Burren Nin Auga, nin árbores, nin terra As fiestras de Cork University of Cork As canles do Lee A dinámica Cork é a capital de Munster, ou "terra de Mum". A chegada de empresas estadounidenses animadas pola fiscalidade irlandesa está facendo crecer en importancia esta vila. Surcada polos canales do rio Lee, os seus coloridos edificios de tres ou catro alturas son moi caracteristicos. Actualmente é a terceira poboación de Irlanda, despois de Dubl

O Grove

O Grove non é o mellor sitio para darlle a volta en bici. Pero si que ten moreas de sitios que valen  a pena visitar...  e facerlles fotos, que diso vai a entrada.  Pensamos en repetir a idea de fin de semana de volta en bicicleta pola peninsula. Pero a realidade foi que non se deixou moito. Ten vías moi tranquilas e ciclables. tamén carreiros que bordean o litoral. Pero tamén ten moito areal sen posibiliade de rodear. E tamén pequenos cantís nos que hai que levar a bici ao lombo. Agora ben, fermoso é dabondo. Tanto praias como paseos e portos. Tampouco acompañou moito o tempo. Pero eso ten as súas vantaxes: menos xente e mellores luces e estampas para esto das fotos. Ten moita extensión. Realmente só fixemos unha pequena parte, a da costa norte. Así que non me importaría para nada repetir.

Jerash

Normalmente as ruinas non prosperan porque as cidades ou asentamentos necesitan progresar e crecer.  E moitas veces fano sen valorar o pasado e o destruen ou expolian. Pasou con murallas medievais, igrexas, barrios enteiros en todo o mundo. Non foi o caso de Jerash. Aquí a cidade foi asolada por un terremoto que rematou con ela. E no canto de reconstruirla os seus habitantes decidiron abandonala. Por esta vila pasaron mesopotamos, mamelucos, gregos, persas, pero os que deixaron maior impronta foron os romanos. Séculos despois, tralas guerras, volveuse habitar este asentemento, pero na colina do lado, polo que os restos se respectaron (máis ou menos) e hoxe en día é unha das vilas romanas mellor conservadas do mundo. Centos e centos de columnas, pórticos, igrexas, anfiteatros, circos, rúas romanas, beirarúas... Jerash ten de todo. Cando se puxo en valor o asentamento, se reconstrui o que se puido. Pero hai moitos restos que seguen baixo a terra, descubertos a miudo. Unha moi grata sorpr

A Fada e o Dragón

Se hai algo do que podemos presumir en Vigo é dos nosos atlánticos Solpores. A orientación da cidade e as nubes que adoitan acompañarnos fai que moitas tardes pague a pena pararse a mirar o ceo. Un bo sitio para observalos é o Paseo de Alfonso XII. A primeira espectadora é esa fada ao lombo do dragón, que seica pretende sobrevoar as ondas do mar da ría pero que nunca chega a facelo. Hacia o Solpor A fada e o Dragón Ceo Ocaso Baixo as nubes Viaxe eterna cara o Solpor. Solpor (2) Treboada