Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

Justine

 Antes, as borrascas chamábanse todas "temporal" Agora, como teñen nome, tomamos conciencia da cantidade delas que entran no continente pola nosa costa. Algunhas delas nin nos enteramos de que pasan. E da maioría esquecémonos despois de que se vaian cara o interior. Justine foi unha destas últimas. Non foi a que trouxo máis refachos de vento este ano. Nin a que descargou máis auga. Nin a que provocou especiales estragos. O único que tivo de especial foi que coincidín con ela cando chegou. Na súa entrada en Vigo, atopámonos ante o mar. Ela cos seus ventos e eu coa cámara. Coincidimos ata que empezou a descargar en serio. Nese momento deixeina sola.

Saúdos distantes

Tantos meses de distancia, ou de falla de cercanía plena (o que vimos a chamar “normalidade”) dan moito para cavilar. Saudos distantes Xa sabíamos de antes que a vida social é maravillosa e moi enriquecedora. Porén, nestes meses  comprobamos que o que verdadeiramente axuda a unha persoa a resistir á infelicidade é estar ben consigo mesma. Por outra banda, durante o parón de actividade provocado pola pandemia, comprobamos que houbo un atisbo de recuperación do medio ambiente (ou polo menos ralentizouse o deterioro).  Resulta curioso que nos preocupe principalmente pensar como volver canto antes ao ritmo anterior, e non buscar métodos máis sostibles de producción, de  consumo; de relacionarnos, en definitiva, para reinventarnos dunha forma diferente. Sempre está ben darlle voltas a cabeza. Incluso cando volvan os saudos cercanos. Ogallá non falte moito. Ola...? Foto feita cunha Nikon D610. Montando un Carl Zeiss planar 50mm 1.7, e co 85mm 1.8 Nikkor.