Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2016

Islandia (II) - Fervenzas

“Foss” é fervenza en islandés. Todos os nomes de fervenza na illa rematan en “foss”. O que vai diante, soe ser impronunciable. Moi variadas, pero todas impresionan. Hai moitas máis das que se amosan aqui, isto non pretende ser unha mostra delas, so compartir as que puiden ver tras facer o Laugavegur. Gullfoss Skogarfoss Svartifoss A auga cae, o tempo pasa Seljalandfoss Cabalgando hacia a cortina

Expresión na rúa

Na vila están a proliferar muráis apadrinados pola administración (o que está moi ben). Inda así, dende aqui quixera resaltar as expresións urbanas anónimas. Xente que fai pequenas cousas sen tanto patrocinio nen difusión, con poucos máis medios que a propia imaxinación. As fotos están feitas en Vigo e Lyon. En Vigo hai un programa en marcha para decorar medianeras con muráis pintados. En Lyon levan tempo facendoo. En paralelo, xente creativa hai en todos os lados. Sobre as obras, non teño nin idea de quenes poden ser os autores, simplemente chamáronme a atención.