Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

Jerash

Normalmente as ruinas non prosperan porque as cidades ou asentamentos necesitan progresar e crecer.  E moitas veces fano sen valorar o pasado e o destruen ou expolian. Pasou con murallas medievais, igrexas, barrios enteiros en todo o mundo. Non foi o caso de Jerash. Aquí a cidade foi asolada por un terremoto que rematou con ela. E no canto de reconstruirla os seus habitantes decidiron abandonala. Por esta vila pasaron mesopotamos, mamelucos, gregos, persas, pero os que deixaron maior impronta foron os romanos. Séculos despois, tralas guerras, volveuse habitar este asentemento, pero na colina do lado, polo que os restos se respectaron (máis ou menos) e hoxe en día é unha das vilas romanas mellor conservadas do mundo. Centos e centos de columnas, pórticos, igrexas, anfiteatros, circos, rúas romanas, beirarúas... Jerash ten de todo. Cando se puxo en valor o asentamento, se reconstrui o que se puido. Pero hai moitos restos que seguen baixo a terra, descubertos a miudo. Unha moi grata sorpr

O Grove

O Grove non é o mellor sitio para darlle a volta en bici. Pero si que ten moreas de sitios que valen  a pena visitar...  e facerlles fotos, que diso vai a entrada.  Pensamos en repetir a idea de fin de semana de volta en bicicleta pola peninsula. Pero a realidade foi que non se deixou moito. Ten vías moi tranquilas e ciclables. tamén carreiros que bordean o litoral. Pero tamén ten moito areal sen posibiliade de rodear. E tamén pequenos cantís nos que hai que levar a bici ao lombo. Agora ben, fermoso é dabondo. Tanto praias como paseos e portos. Tampouco acompañou moito o tempo. Pero eso ten as súas vantaxes: menos xente e mellores luces e estampas para esto das fotos. Ten moita extensión. Realmente só fixemos unha pequena parte, a da costa norte. Así que non me importaría para nada repetir.

Amman. Ciudadela e Rainbow street

  A ciudadela é realmente o casco vello de Amman, onde se conservan os vestixios históricos das civilizacións que se asentaron no que hoxe é Jordania.  Civilizacións como a de Mesopotamia, exipcia, romana, asiria, babilonia, grega, nabatea, turca... case nada. Incluso as cruzadas que foron a terra prometida a facer o vándalo e cargarse tanto musulmans como cristians.  Maila ter tantos anos de historia rexistrada, máis que calquera lugar do mundo, o sitio arqueoloxico é relativamente pequeno. Imaxino destruido polo tempo e polas guerras. Esta zona é a cuna de tantas culturas e relixións, que tanto uns como outros a consideran súa. Posiblemente todas teñan a súa razón. Pérdena ao non saber compartila. Ammán é enorme. Dende a ciudadela vense as sete colinas, e adivinanse outras máis. Creceu moitisimo recollendo palestinos da primeira Nakba, cando Israel os botou da terra onde vivian. De feito, non sabía que case o 70% das personas jordanas teñen orixe palestino.  Os campos de refuxiados p

Monte Alba

  Fotos do monte Alba e do Cepudo Subir ata o monte Alba sempre ten premio. Tanto se é pola estrada do Zondal, como polos camiños entre freixo e monte dos pozos. Ou subindo a pé polo GR (as veces que o tentei en bici declareimo misión imposible). Acostumo a subir moitas veces ao ano. sexa ao sair de traballar ou en fin de semana. É unha sorte telo tan preto. E sempre que podo, vou coa cámara. Cando é máis interesante para fotografiar é polas tardes, cando cae o sol.

Alentejo. Porto Covo

  Fotos feitas en Porto Covo, nas praias de Samoqueira, Figueiros, e Porto Covo. Alentejo. Portugal. Máis fotos do Alentejo aquí