Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2015

Noite Meiga

San Xoan. Cacharelas, herbas, viño e sardiñas...  ... Mouchos, coruxos, sapos e bruxas.

Laugavegur (I)

Laugavegur significa algo así como "camiño da auga termal". Parece ser que foi a ruta que tomaron no século XV algúns islandeses da costa para escapar da peste negra; dende o sur en Skogar ata as terras altas, en Landmannalaugar (*) Está considerado uns dos trekkings máis espectaculares do mundo. É unha andaina que sería longa de describir, así que agardo que o fagan as fotos. Fotos que, por certo,  son das máis fermosas que teño sacado; ao mesmo tempo que das que menos mérito teñen. Agás o de ter estado alí.(**) Nós tivemos moita sorte en dous aspectos. O primeiro: A climatoloxía, que no Laugavegur pode dificultar o camiño e ocultar as paisaxes. E o segundo: O guía, que aproveitou o bo tempo para facer algunha alternativa ao trazado orixinal. Isto fixonos  sentir todavía máis pequen@s e afastad@s do mundo que percorrendo a propia ruta. (***) 1 - "Colinas de Landmannalaugar" 2 -"As cores de Landmannalaugar" 3 - "Camiñando entre