Laugavegur significa algo así como "camiño da auga termal". Parece ser que foi a ruta que tomaron no século XV algúns islandeses da costa para escapar da peste negra; dende o sur en Skogar ata as terras altas, en Landmannalaugar (*)
Está considerado uns dos trekkings máis espectaculares do mundo. É unha andaina que sería longa de describir, así que agardo que o fagan as fotos. Fotos que, por certo, son das máis fermosas que teño sacado; ao mesmo tempo que das que menos mérito teñen. Agás o de ter estado alí.(**)
Nós tivemos moita sorte en dous aspectos. O primeiro: A climatoloxía, que no Laugavegur pode dificultar o camiño e ocultar as paisaxes. E o segundo: O guía, que aproveitou o bo tempo para facer algunha alternativa ao trazado orixinal. Isto fixonos sentir todavía máis pequen@s e afastad@s do mundo que percorrendo a propia ruta. (***)
1 - "Colinas de Landmannalaugar" |
2 -"As cores de Landmannalaugar" |
3 - "Camiñando entre fumarolas" |
4 - "Acuarela" |
5 - "Minerais, musgo e neve en Jökultungur" |
6- "Lago Alftavatn e volcán Eyjafjallajökull" |
(*) Esta orixe etimolóxica e histórica escoiteina en Islandia. Tenteino contrastar pola web, pero non atopei nada ao respecto.
(**) Polo xeral, non gosto de facer retoques nas fotos que alteren a realidade. Respeto e admiro fotos con postprocesados, pero as miñas intentan ser fieis ao que eu estou a ver. Esta galería non é unha escepción: As cores, inda que non o pareza, son as que son!
(**) Polo xeral, non gosto de facer retoques nas fotos que alteren a realidade. Respeto e admiro fotos con postprocesados, pero as miñas intentan ser fieis ao que eu estou a ver. Esta galería non é unha escepción: As cores, inda que non o pareza, son as que son!
Para ampliar algunha foto, preme sobre ela e pulsa F11
--- X ---