Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2018

Templos de Angkor

Os restos do imperio jemer Os novos Jemeres Baixo o inquietante sorriso de Buda O templo do abandono A batalla Ta Prohm Detalle Habitante dos templos David e Goliath As 216 caras de Buda A porta escondida Angkor, que está ao lado de Siem Riep, foi a capital do imperio Jemer, que abarcou case toda Indochina no seu apoxeo . Daquelo so queda a língua jemer e as pedras que se salvaron do espolio. Os templos, feitos construir polos emperadores, foron destruidos nas guerras cos Tailandeses, esquecidos na selva, e saqueados polos habitantes do arredor para poder subsistir, e finalmente reconstruidos pola ocupación francesa. Son un conxunto espectacular de construccións a medias con moreas de estatuas mutiladas. Recoñecidas como patrimonio da Unesco e maravilla do mundo antigo, son o emblema do reino actual de Camboia. De feito está na bandeira nacional. Impresiona pensar como debían ter sido. Algúns dos templos son

A Bahia de Ha Long

O monumento natural máis coñecido do Vietnam: A Bahia de Ha Long As duas mil illas Primeiras luces na bahia Ha Long Workers 1 Monkey Island Percebe xigante Ha Long Workers 2 Templo virxe O mar e o ceo de Ha-Long Good Morning Vietnam A explotación turistica da bahia Covas* Este é un dos lugares máis curiosos nos que estiven. Infinitas illas (máis de 2000) que fan un laberinto de auga calma. todas semellan virxes e escarpadas. De feito, as poucas poboacións que están asentadas na zona son flotantes. Ata onde abarca a vista so aparecen formas verdes e brancas calizas. É realmente diferente. A Bahia de Ha-Long é o lugar máis famoso do Vietnam, e probablemente o máis visitado. Inda así, hai costa para todos os cruceiros de turistas. Pero si que haz zonas nas que chega a masificación. A nós recomentaronnos un patrón de barco que levaba por zonas nas que non había ninguén. Como moito pescadores que faenan neses mares. A única pega f