Saltar ao contido principal

Templos de Angkor

Os restos do imperio jemer


Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya
Os novos Jemeres

Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya. Templo de Bayon cara de buda
Baixo o inquietante sorriso de Buda

Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya. Templo Ta Prohm. tomb raider
O templo do abandono


Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya. Templo de Bayon
A batalla


Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya.Templo de Ta Prohm (tomb Raider)
Ta Prohm

Detalle

Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya. Ta Prohm
Habitante dos templos

Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya. Templo Ta Prohm
David e Goliath
Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya. Templo Bayon
As 216 caras de Buda


A porta escondida

Angkor, que está ao lado de Siem Riep, foi a capital do imperio Jemer, que abarcou case toda Indochina no seu apoxeo. Daquelo so queda a língua jemer e as pedras que se salvaron do espolio.

Os templos, feitos construir polos emperadores, foron destruidos nas guerras cos Tailandeses, esquecidos na selva, e saqueados polos habitantes do arredor para poder subsistir, e finalmente reconstruidos pola ocupación francesa. Son un conxunto espectacular de construccións a medias con moreas de estatuas mutiladas. Recoñecidas como patrimonio da Unesco e maravilla do mundo antigo, son o emblema do reino actual de Camboia. De feito está na bandeira nacional.

Impresiona pensar como debían ter sido. Algúns dos templos son budistas, outros hinduistas, outros as duas. Según a relixión do rei de turno do imperio. Algún incluso era das dúas, como o de Bayon, que ten 216 caras de Buda. O rei que o fixo construir, quixo que servise para culto budista e hinduista, para evitar conflictos sociais e relixiosos. Resulta dificil imaxinar hoxe en día que se poida facer un templo para cristians e musulmans, por exemplo... Iso di moito das culturas antigas. Tamén hai que dicir que o fillo do rei en cuestión mudou o templo a hinduista, e mandou destruir as partes exclusivamente budistas do templo.

Outros templos coñecidos son Ta Prohm, famoso porque lle creceron arbores entre as súas edificacións, e por ser escenario de Tomb Raider. E sobre todo Angkor Wat, a edificación relixiosa máis grande do mundo, que ofrece a famosa postal da silueta das súas torres reflexadas no estanque que ten o lado ao amencer. Foto que, por certo, necesita de moita espera mantendo a posición case a codazos entre a lama.

Nin que decir ten, agora é un reclamo turistico de primeiro nivel. E tamén é un circo por momentos. Inda así, é un lugar que paga a pena visitar.

Publicacións populares deste blog

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...

Carros de Foc. Día 4

Cuarta xornada. Etapa raiña: O Contraix. Por fin chegou o día. Rematou a conta atrás: A subida e baixada do Collet de Contraix. A etapa máis difícil de todas. Se a rematábamos saberíamos que, salvo desastre, iamos completar os Carros de Foc. Amencer no Estany Negre Derradeira vista á serra do Tumeneia A "ameaza" do Contraix A recompensa do Contraix Estany de Contraix Barranc de Contraix Chegando a Aigüestortes Ventosa i Calvell – Estany Llong. Xa tiña gañas de descubrir como era ese paso do que todo o mundo falaba, e de quitar de enriba esa especie de "espada de Damocles" que nos acompañou cada un dos días anteriores. Almorzamos todo o cedo que permitía o refuxio (normalmente os almorzos son de 7 a 8). Como estaba esperto na litera, baixei antes da hora para organizar a mochila, xa que oa sala onde había que deixalas era bastante pequena en Ventosa i Calvell, e despois do almorzo ia ser un cristo co...

La Fajana (outra volta)

 A verdade é que tanto me gustou esta lugar de La Palma, que non me chegou co primeiro post . Así que por non ser capaz de seleccionar, tiven que facer outro. Máis entradas sobre La Palma  aquí

O cidadán complice

​ Que é o que nos moviliza? Paro. Gürtel. Tres per cent. Precarización laboral. Lei Mordaza. Púnica. Desmantelamento da sanidade. Sede en "B" . Montes queimados. Rescate das autoestradas. Proxecto Castor. Caso Pujol. Brecha salarial. Noos. Portas xiratorias.  Dilapidación das pensións. Caso Palau. Morte nas pateras. Tarxetas Black. Cambio climático. Xeración emigrada. Preferentes. Papeis de Bárcenas. Caso das ITV. Desafiuzamentos. Lino. Patriarcado. Marxinación. Pokemon. Diferencias sociais. Deslocalización. Amnistía fiscal.... ... ou as bandeiras e os himnos? O cidadán que deixa que lle anulen os sentidos e o silencien con patriotismos é un cidadán cómplice. -x- Qué es lo que nos moviliza? Paro. Gürtel. Tres per cent. Precarización laboral. Ley Mordaza. Púnica. Desmantelamiento de la sanidad. Sede en "B" . Montes quemados. Rescate de las autopistas. Proyecto Castor. Caso Pujol. Brecha salarial. Noos. Puertas giratorias .  Dilapidación de...

VietNam Sa Pa (1)

Terras de Sa Pa.  Norte de Vietnam. Etnias e paisaxes. Terrazas asolagadas - Giang Ta Chai - Camiñantes das terrazas de Su Pan Vendo xogar ós nenos - Lao Chai - Nubes e arrozais - Giang Ta Chai - Levando o boi - Ta Van - As pirámides do arroz - Lao Chai - Sorriso - Giang Ta Chai - Nai Dao - Ta Van - Xogos no arrozal - Su Pan - Sol e sombra - Giang Ta Chai - Baixada a Ban Ho - Su Pan - Boi no arrozal - Lao Chai - Carga Giang Ta Chai Sapa (ou Sa Pa, como se di en Viet Nam) está a 8 horas en tren e unha e media de autobús de Ha Noi. É unha rexión famosa polos seus campos de cultivos de arroz. Ao estar sobre colinas, forman escalons, balcóns, ou socalcos para poder reter a auga e facer crecer o cereal. Estes escalóns fan unhas formas verdadeiramente curiosas, moi fermosas de ver. O ideal é admiralas antes da recollida, que é en Outubro, cando as ladeiras son pirámides verdes e h...