Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2021

Teide 040

A ruta 040 parte do mar, da praia do Socorro, ata a cima do Teide. Forma parte dunha serie de carreiros establecidos no arquipélago das canarias que unen a costa coa cota máis alta de cada illa. Curiosamente, a Tenerife correspondeulle o sendeiro número 4, co que era cuestión de tempo que o reto de partir de cota cero ata casi 4000 metros de altura quedaba patente no seu nome: A 040 . Moitas veces a identificación forma parte do aliciente. 040 Non son “ultratrailista”. Nin me chaman demasiado a atención os retos deportivos. Moita xente (supermulleres e superhomes) fan os 27 km e máis de 3900m de desnivel acumulado nun día, nunhas horas. Eu, nós, prantexámolo en dous días. O reto non era deportivo, era sentir e gozar co cambio de paisaxes e climas da illa de Tenerife, dende o mar ata rañar o ceo.   A 040 parte da praia do socorro, onde os surfistas retan as ondas do mar. Percorre plataneros en ambiente tropical ata chegar ao mirador de el Lance, a 500m de altura, onde o lider guanche Be