Saltar ao contido principal

Teide 040

A ruta 040 parte do mar, da praia do Socorro, ata a cima do Teide. Forma parte dunha serie de carreiros establecidos no arquipélago das canarias que unen a costa coa cota máis alta de cada illa. Curiosamente, a Tenerife correspondeulle o sendeiro número 4, co que era cuestión de tempo que o reto de partir de cota cero ata casi 4000 metros de altura quedaba patente no seu nome: A 040 . Moitas veces a identificación forma parte do aliciente.

040


Non son “ultratrailista”. Nin me chaman demasiado a atención os retos deportivos. Moita xente (supermulleres e superhomes) fan os 27 km e máis de 3900m de desnivel acumulado nun día, nunhas horas. Eu, nós, prantexámolo en dous días. O reto non era deportivo, era sentir e gozar co cambio de paisaxes e climas da illa de Tenerife, dende o mar ata rañar o ceo.

 

A 040 parte da praia do socorro, onde os surfistas retan as ondas do mar. Percorre plataneros en ambiente tropical ata chegar ao mirador de el Lance, a 500m de altura, onde o lider guanche Bentor decidiu despeñarse ante as derrotas sufridas frente a invasión de Castilla.



Val da Orotava

500m do mar

Miradoiro Lance

Estatua de Bentor

A partir desta cota, as prantacións mudan a frondosa vexetación tropical. Metro a metro, case sen percatarse, parece que nos adentramos en bosque atlántico. Con especies diferentes, pero outras comúns, como silveiras ou toxos. Mirador de la corona

 

Cando se supera a barreira de nubes a vexetación diminue e xorden as frores. Fixemos a subida na primaveira, e nótase. A medida que se ascende atravesanse xardíns naturáis multicores. 


Seguimos gañando altura e aparecen especies máis alpinas, como  bosques de piñeiros ou abetos. Bosques que non tardan en deixar paso a escenario pre-deserto.


Cultivos

Primavera en Tenerife

Abejorro Canario

Xardín natural

Seguimos gañando altura e aparecen especies máis alpinas, como  bosques de piñeiros ou abetos. Bosques que non tardan en deixar paso a escenario pre-deserto.


Sobre as nubes

Estamos a case 2000m, e a esta altura o cumio do Teide xa é visible, e domina o fondo da paisaxe. Esta sempre presente, pero nunca da impresión de achegarse a el. Entre os cactus, atopamos soamente un tajinaste, a especie por excelencia da illa. Seica ainda non era a súa época.


Tajinaste

E do pre-deserto pasamos ao deserto. E a zona puramente volcánica onde so hai pedra e area. E algún que outro arbusto. Atravesamos a interminable Cañada dos Guancheros e alcanzamos os “huevos del Teide”, enormes pedras despedidas en algunha erupción.

Cañada dos guancheros

Subida a Montaña Blanca


Xa estamos en montaña branca. 2700m de altura. A antesala á subida final, que deixaremos para o día seguinte. Alcanzar esta altura levounos todo o día de luz. Nada máis chegar, o sol agachouse trala montaña e os fortes ventos fixeron da zona de vivac un lugar completamente inhospito. Instalamos as minitendas de vivac rápidamente, para meternos dentro.

 

Meses antes da viaxe, pediramos permiso para montar tenda, e o cabildo concedeunos practicar vivac na zona definida. O caso é que un empregado do parque, que apareceu xusto nese momento para facer medicións, dixonos que non se podía. Que vivac non é acampada. Pero tamén dixo que a máis de 2500m de altura en teoría pódese co permiso. Finalmente o empregado do parque accedeu e dixonos que podíamos deixar a tenda, tras amosarlle os permisos e as zonas delimitadas indicadas na propia documentacion do parque Nacional do Teide. Realmente non sei se mudou de opinión por convencemento, ou por humanidade, xa que daban alerta amarela de vento. E ahí arriba non era pouca cousa. O caso é que sigo sen ter claro se está permitido prantar unha tenda pequena de vivac no Teide.

 

A noite foi bastante movida. Pero por sorte as tendas aguantaron os contínuos golpes de vento que nos espertaban constantemente. E o amencer foi igual de frío que o solpor.


Amencer no Teide

Arrancamos a subida. Este carreiro non tiña nada que ver co feito ata agora. A pendente era moito máis forte, pero o sendeiro moito mellor definido. E sobre todo: moita máis xente. Así como o día anterior estivemos completamente sós no acercamento a base do Teide, o día do ascenso final convertiuse nunha feira. Moita xente subía canda nós, e moita outra baixaba de ver o amencer arriba. Algúns equipadisimos, outros con sandalias, outros eran runners que subian ao Teide coma quen da un paseo por Coruxo…

Derradeira subida

A uns 3300m de altura hai un refuxio, chamado altavista, cuia principal función é aloxar a xente que quere ver o amencer dende o cumio do Teide. Nun principio pensaramos facer noite nel, para camiñar con menos peso, pero está pechado dende a pandemia. E está a demasiada altura para un día.

Pasado este refuxio, un dos multiples runners que subian e baixaban a correr parouse a conversar con outro e escoitamos a mala nova: non hai teleférico polo forte vento.


Colada

Non chegamos ao cumio do Teide. A nosa idea era subir dende o mar, pero baixar en teleférico a coller un taxi. Para evitar as 3h que levan dende o cumio do Teide ata o parking máis cercano. A suma de factores que supuxo comprobar que iamos ter que baixar a pé, o cansanzo acumulado, o mal corpo polo peso ao lombo (non hai fontes no camiño, levamos 4L cada un), a mala noite, a altura (que fai que cada paso custe), o forte vento que se notaba nas alturas… fixo que desemos volta na estación de baixada, cando quedaban apenas 200m de desnivel para o cumio.

Desfacer camiño ata Montaña Blanca e os Huevos del Teide, e de ali ao parking.

Montaña Blanca dende Altavista


Baixada

 

Huevos del Teide

Pasados os días deume raiba, coido que foi simplemente a situación, e o desanimo, a causa de que  non subiramos. E teño por seguro que o podíamos ter feito perfectamente. Pero tamén é certo que o obxectivo da ruta estaba feito: vivir a experiencia. E tamén é certo que ao estar nublado non iamos ver moito máis do que se via a 3600m de altura. Así que o de cumplir retos deixamolo para gañadores, eu sumome ao grupo dos que viven a experienca. Queda un máis tranquilo pensando que cando o obxectivo nunca chega, quizáis o camiño é o obxectivo

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Paseo polos montes de Coruxo e Saiáns

Levaba un tempo sen publicar nada. Quería retomalo un día (ou mes) de estos. Pero non dou sacado moito tempo. Gosto máis de facer fotos que de escollelas e publicalas (...) Pero un día destes que saín a dar un garbeo polos montes de Coruxo e Saiáns (un día de moitos, quen mire un pouco este blog pode comprobalo, calquera tarde é boa para estar entre os bosques despois do traballo), pareceume que estaba todo tan fermoso que me deu por compartilo. Ademáis coincidíu que chovía, aos poucos, co que estaba eu so.  Tiven sorte porque daban moita máis choiva que a que realmente caeu, e supoño que eso botou para atrás ao resto da xente. Que tampouco pasa nada se me atopo con xente, pero sempre lle da un encanto especial. Tampouco é por ponerme intenso, é máis propicio a evadirse do ruido da cidade. Bueno, e non paso vergoña se alguén me ve poñendo o minitripode e correndo para posar. Non é por facer o instagramer, é porque me parece que hai fotos de paisaxes que gañan si se empatiza cun esp...

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo...

Medellín e Guatapé

  Imaxes da miña visita a barriada "Comuna 13" de Medellín e o peñón de Guatapé. Pacha Mama A cidade de Medellín e ben coñecida polas historias do Cartel e de Pablo Escobar. Antes da viaxe a Colombia, non coñecía a outra vertente oscura e violenta, a das bandas nos barrios. A comuna 13 é un barrio periférico, o cal, precisamente pola súa rápida conexión con alguna estrada de saida / entrada de Medellín, resultou ser lugar estratéxico para a entrada de mercancía na capital de Antioquia. Praza Botero Esto fixo que as bandas controlaran esta comuna, na que vivían 130000 personas, distribuida en 21 barrios. Facían a lei, podían xulgar sen xuizo por vestimenta ou por consumir drogas. Como organizacións mafiosas, as personas que non lles axudaban eran expulsadas ou asinadas.  Había mortos de seguido debidos as pelexas entre bandas polo control.  Colibrís A situación de descontrol gubernamental era tal, que tiveron que facer duas incursión militares.  A primeira foi a chama...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.