Debido, imaxino, ao éxito das Illas Cíes agora está máis dificil conseguir praza para o camping.
Hai que collelo con bastante tempo de anticipación.
Así que pode pasar que, cando chega por fin o día de ir gozar das illas, toque temporal.
Pódese pensar que é unha boa mala sorte: ter que pasar a tarde agotando as reservas da cantina do camping, achicar auga da tenda de campaña, esquecerse de ver estrelas, nin starlight, nin nada.
A boa nova foi que o día seguinte do temporal, amenceu con sol. Polo menos iase secar a tenda.
Pero nin por esas: antes de que avanzara a mañá, chegou unha brétema marítima que impedía ver nada. Nin ir a praia, nin bañarse, porque había frío.
Pois non queda outra que ir ata o faro de Cíes.
Quen ia pensar que, a metade de camiño iamos sobrepasar a nevoa, e camiñar sobre as nubes. E ver como as illas facían de barreira natural das nubes que non paraban de chegar dende o Atlántico.
Polo de agora, as Cíes sempre compensan.