Unha tarde de primavera acerqueime ata a praia do Tombo do Gato (A Fonte). Quería sacar ese solpor de nubes vermellas que temos a sorte de ver tantas tardes dende este lado da Ria. Non tiven sorte. Cando o Sol comezaba a acercarse ao mar, unhas nubes moi gordas puxeronse enriba do oceano e fixeron que no lusco e fusco apenas se diferenciase entre unha cousa e a outra. Ao mal tempo boa cara. Fixeime entón nas rochas da praia: As flores que saen entre elas, as algas verdes fosforito que as cubren, a marea que as rodea... Detalles aos que non lles faría nin caso de estar presente o solpor. Sean Penn, interpretando un fotógrafo de mirada profunda e voz ronca, nunha peli que non lembro o nome, dixo: "As cousas fermosas non buscan chamar a atención" Pois eso. Algas O penedo do Tombo do Gato Capas de rochas e frores Entre o ceo e o mar Verde alga
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".