Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

O Rego Barxa e o que lle ameaza

Por incrible que pareza para quen non o coñeza, o rego Barxa está en Vigo. A 20-25 min en bici do Casco Vello. Entre Castrelos, Sárdoma e Beade. O paseo é precioso. O rego ten varios saltos de auga, minifervenzas, está envolto por un frondoso bosque polo que apenas se colan os raios de sol, e incluso ten un muiño máis ou menos enteiro. Como tantas e tantas cousas fermosas en Vigo, está esquecida e apartada. Sen camiños definidos. Con certo aroma decadente. Debo confesar que eu tampouco o coñecía ata hai ben pouco. Quizáis mellor así: dunha banda, non se masifica e non se altera nin se ensucia de porcallada. E dutra banda, o Concello non o destroza pretendendo poñelo en valor. Máis agora está en perigo. O trazado do Vial OP010 (proxectado entre Bembrive e Pereiró, pasando por Beade e Castrelos) queda preocupantemente preto deste oasis urbano. E non ten ningún nivel de protección.   Si xa se fan desfeitas nas zonas que - teóricamente - están protexidas (vexase Cabo Estai, ou o propio Cas

Tempo

 A vida é finita.  En qué gastamos o tempo? What do you spent your time on? "Inventamos una montaña de consumo superfluo, hay que tirar y vivir comprando y tirando. Y lo que estamos gastando es tiempo de vida. Porque cuando yo compro algo, o tú, no lo compras con plata; lo compras con el tiempo de vida que tuviste que gastar para tener esa plata. Pero con esta diferencia:  la única cosa que no se puede comprar es la vida. La vida se gasta. Y es miserable gastar la vida para perder libertad." Pepe Mújica. Time what is time - Blind Guardian

Anillo de Picos V. Jou de Cabrones - Vega de Ario

Etapa curta pero moi dura físicamente, debido a baixada por Piedra Bellida, e a subida pola canal do Trea. Supón un kilómetro vertical de baixada e outro de subida, pero o esforzo paga a pena, xa que proporciona espectaculares estampas do desfiladero do río Cares dende diversos puntos de vista. Refuxio Vega de Ario. A saida de Jou de Cabrones ata a Majada de Amuesa empeza forte. Varios pasos con cordas, algúns expostos, e o piso estaba mollado e gastado. O día comezou moi húmedo e pechado O camiño habitual ata o río Cares é ir pola Majada de Amuesa e baixar pola canal do mesmo nome ata Bulnes, e logo pola canal de Texu para acceder ao desfiladero do Cares por Poncebos. Porén, nos collimos a vía mais directa, que é a Canal de Piedra Bellida. Menos transitada e máis complicada de atopar en días con névoa. A canal é moi empinada tanto ao principio como no tramo final, e con varias pedreras. A pesar de ser escarpada, as vistas que ofrece do Cares son espectaculares (ou mellor dito das pare

Ubiña Invernal

A neve resulta tan hipnótica... As fotos non foron feitas durante ningunha ascensión. Saqueinas como un modesto asistente a un curso de montaña invernal.  Antes do curso todo parecía fermoso arredor. Despois, todo parecía unha posible amenaza. Tampouco pasa nada, sempre é mellor ser consciente do entorno, para gozar del.

Anillo de Picos IV. Casetón de Ándara - Jou de Cabrones

Cambio de macizo: do de Ándara ao dos Urrieles. Pasar polo Urriellu e polo mar dejous que leva a Cabrones.  Comeza o día co sol aparecendo ás nosas costas, camiñando entre rebecos e vacas. Non tarda en deixarse ver, ao baixo o pobo de Sotres, un dos máis altos de Asturias.  Abandonando o macizo de Ándara Tras pasar Sotres continúase baixando ata comezar a subir ata o collado Pandébano. De ali ata a Tenerosa non hai moito. Este é un refuxio bastante recente, que complementa ao de Urriellu xa que recibe perfil de xente diferente (non tan puramente escalada). Debe funcionar ben, porque está con ampliacións.  Collado Pandébano O camino entre Tenerosa e Uriellu está arrancado da montaña e ten unhas vistas espectaculares, tanto do propio  pico , que por momentos se agocha entre as nubes, e da canal de Camburero. No refuxio do Urriellu hai moita xente. Debe ser o máis visitado de  Picos  de Europa. Non é para menos, as paredes da icónica montaña ben o merecen. Camiño ata o Uriellu O camino do