Saltar ao contido principal

Anillo de Picos IV. Casetón de Ándara - Jou de Cabrones

Cambio de macizo: do de Ándara ao dos Urrieles. Pasar polo Urriellu e polo mar dejous que leva a Cabrones. 



Comeza o día co sol aparecendo ás nosas costas, camiñando entre rebecos e vacas. Non tarda en deixarse ver, ao baixo o pobo de Sotres, un dos máis altos de Asturias. 



Abandonando o macizo de Ándara


Tras pasar Sotres continúase baixando ata comezar a subir ata o collado Pandébano. De ali ata a Tenerosa non hai moito. Este é un refuxio bastante recente, que complementa ao de Urriellu xa que recibe perfil de xente diferente (non tan puramente escalada). Debe funcionar ben, porque está con ampliacións. 


Collado Pandébano



O camino entre Tenerosa e Uriellu está arrancado da montaña e ten unhas vistas espectaculares, tanto do propio pico, que por momentos se agocha entre as nubes, e da canal de Camburero.

No refuxio do Urriellu hai moita xente. Debe ser o máis visitado de Picos de Europa. Non é para menos, as paredes da icónica montaña ben o merecen.





Camiño ata o Uriellu





O camino do anillo de picos despois deste refuxio tornase de alta montaña. Primeiro hai que subir ao collado da brecha dos cazadores. Unha chimenea acondicionada con eslabones, xa que é unha das rutas habituais para acceder a Torre Cerredo. As vistas da montaña laranxa dende aquí son impresionantes. O tramo seguinte é exposto a treboadas. De feito houbo algún fatal accidente. Pero neste día, as treboadas chegaban (teóricamente) máis tarde. 

Brecha dos cazadores

Vistas do Urriellu

O camiño ata o refuxio de Cabrones é unha baixada escalonada, entrando nun Jou para sair de outro. Os Jous son buracos Karsticos na montaña, depresiones circulares orixinadas pola disolución da caliza. O derradeiro, o Jou de Cabrones, está en baixo do pico do mesmo nome. Un lugar afastado e agreste, cun refuxio no medio. Os gardas deste refuxio non son, por decilo de alguna forma, tan atentos como os de Ándara. Ainda así o enclave é espectacular, xa que está rodeado por paredes e montañas, e ten un punto de hostil ou inhóspito.

Camiño entre jous

Pico Cabrones


Máis entradas sobre o Anillo de Picos Aquí


Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Camiño dos Faros. Cabo da Nave e Fisterra

O Camiño dos Faros vai “in crescendo”, tamén dentro da derradeira etapa. O Sendeiro do Cabo da Nave é absolutamente espectacular. Non se queda atrás a chegada ao faro de Fisterra, cargada de simbolismo, cunhas vistas magníficas dende o monte Facho. Monte Castro Camiño dos Faros Primeira vista do Cabo da Nave Praia da Arnela Acercandose ao Cabo da Nave No interior do cabo da Nave Cantís Cabo da Nave Facho: derradeiro obstáculo Cabo da Nave e Praia Mar de Fora Fin do Camiño: Faro Finisterre Fisterra  Na miña opinión, paisaxisticamente falando, a parte final do Camiño dos Faros é a máis fermosa e auténtica. Hai poucas andainas nas que poidas caminar por carreiros desertos durante tanto tempo, coa única compaña do mar e o vento, sobre cantís onde rompen as ondas e gozando de paisaxes impresionantes. O Cabo da Nave é a guinda do Camiño. Este tramo pódese percorrer grazas a un pequeno sendeiro que acompaña a unha tubería de augas. Unha sorte. E, obviamente, os inventores do Cam...

Senda Camille: Bisaurín, Sarrios, Ibon Estaner

Cumio do Bisaurín Castillo de Acher e Secús Cores de montaña Vernera Sarrios. Ibon Biello Ibon de Estaner Senda de Camille Volta a Francia A subida ao Bisaurín require esforzo, pero a recompensa paga moito a pena. Dende o cumio máis alto destes Pirineos Occidentales a vista é 360 grados. Pódese admirar hacia o Norte o Castelo de Acher e as súas diferentes tonalidades, ademáis das augas Tortas e o coll d´Arlet, do primeiro día da senda de Camille. Ao Oeste está o veciño Pico Agüerri, que parecía imponente cando o bordeábamos por Taxeras, pero non tanto dende o Bisaurín. Hacia o Sur a vista exténdese ata os fins dos vales desta zona, e vilas que poderían ser a propia Jaca. E hacia o Leste a colección de cumios dos pirineos, que hai que coñecelos ben para diferencialos: Collarada, Balaitous, Monte Perdido, Vignemale… Como non é o meu caso, eu solo recoñezo o que está sempre omnipresente nesta zona: o Midi d´Osseau. Na derradeira etapa subese dende o refuxio de Lizara ata o porto de Verner...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...