Saltar ao contido principal

Anillo de Picos

Entradas sobre o anel integral de Picos de Europa.

Preme sobre as imaxes para acceder a cada post.

Vegabaño - Collado Jermoso

Collado Jermoso - Hotel Áliva

Áliva - Casetón Ándara

Ándara - Jou de Cabrones


Cabrones - Vega de Ario

Ario - Vegaredonda

Vegaredonda - Soto de Sajambre

Percorrín o Anillo de Picos en Setembro do 2021. Esta ruta de montaña permite camiñar polos tres macizos (Ornión, Urrieles e Ándara) e descubrir as súa escarpada oreografía. Sobra dicir que as paisaxes son espectaculares. Nunca unhas fotos lle farán xustiza. O trazado non é sinxelo. É esixente fisicamente, e hai que coñecer a zona ou ser unha persoa habituada a camiñar por alta montaña. Sobre todo pola orientación, xa que nas canales moitas veces falla o sinal GPS, ou a climatoloxía cambiante.

Como me impuña certo respecto facelo sen axuda ou soporte, fixeno con Nacho Pequeno (web aquí). E estou moi contento de telo feito así, xa que é un guía moi bo, e ademáis unha persoa estupenda. E non o digo porque é o que se di sempre, digoo porque con el non tes a impresión de ir con un guía, pero por outra banda todas as decisións son as correctas, e os pasos complicados con el non son tanto.

Publicacións populares deste blog

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo ser

Irlanda - Munster

En Munster coinciden os maiores reclamos que ten Irlanda. Limerick, Cork, Cashel, Parque Nacional de Burren, Kerry, Adare... e sobre todo os merecidamente famosos cantís de Moher. -x- En Munster coinciden los mayores reclamos que tiene Irlanda: Limerik, Cork, Cashel, Parque de Burren, Kery, Adare... y sobre todo los merecidamente famosos acantilados de Moher. Cliffs of Moher. Paredes do Oeste Solpor en Moher. Cantís dourados Cashel As ruinas Burren Nin Auga, nin árbores, nin terra As fiestras de Cork University of Cork As canles do Lee A dinámica Cork é a capital de Munster, ou "terra de Mum". A chegada de empresas estadounidenses animadas pola fiscalidade irlandesa está facendo crecer en importancia esta vila. Surcada polos canales do rio Lee, os seus coloridos edificios de tres ou catro alturas son moi caracteristicos. Actualmente é a terceira poboación de Irlanda, despois de Dubl

A Fraga de Coiro

Esta pequena xoia do Morrazo une a parroquia de Coiro co alto de Ermelo. Para adentrarse nela dende o sur, hai que comezar subindo polos camiños que aparecen despois da igrexa. Pouco a pouco, os ruidos do esperpéntico vial van deixando paso aos murmullos do Rego Bouzós. Entrada da Fraga O traxe verde do Carballo Outros habitantes da fraga Fontes de Luz Azafranes entre a sombra A fervenciña do Bouzós Ermelo Bouzós en outono Profundidades da Fraga A igrexa de Coiro 300 metros de desnivel. Carreiros auténticos, sen adecuar, un pouco laberinticos as veces. Raios de sol, que tentan abrirse paso entre as polas, sen moito éxito. Auga, carballos, follas, troncos novos, troncos vellos, sombras... Un verdadeiro oasis no deserto do monte invadido. Ogallá resista. Xa o dicían eses artistas de SOAK: Polo monopolio do eucalipto… viva san carballiño!

Cabo Estai

​​ "Mirando na rede, descubrín que - en Cabo Estai - hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor" Cabo Estai Os muros de Xunqueiro Pedras verdes O palco das Cíes O faro escondido Derradeiras luces da furna Cíes As escaleiras do faro de Cabo Estai ​ Cabo Estai é un deses sitios que sabes que está ahí pero que nunca lle da a un por visitar. Lembro que pasei por alí unha ou dúas veces, xa hai anos. A imaxe difusa que tiña na mente era de unha grande extensión sen un punto característico ou concreto onde poder ver o mar. Mirando na rede, descubrín que hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor. Para ir dando pedáis está un pouco lonxe, así que fun parando nas calas con rochas e algas, que van aparecendo cando se deixa atrás o rebumbio de Canido e vaise entrando na afastada zona resid

Amman. Ciudadela e Rainbow street

  A ciudadela é realmente o casco vello de Amman, onde se conservan os vestixios históricos das civilizacións que se asentaron no que hoxe é Jordania.  Civilizacións como a de Mesopotamia, exipcia, romana, asiria, babilonia, grega, nabatea, turca... case nada. Incluso as cruzadas que foron a terra prometida a facer o vándalo e cargarse tanto musulmans como cristians.  Maila ter tantos anos de historia rexistrada, máis que calquera lugar do mundo, o sitio arqueoloxico é relativamente pequeno. Imaxino destruido polo tempo e polas guerras. Esta zona é a cuna de tantas culturas e relixións, que tanto uns como outros a consideran súa. Posiblemente todas teñan a súa razón. Pérdena ao non saber compartila. Ammán é enorme. Dende a ciudadela vense as sete colinas, e adivinanse outras máis. Creceu moitisimo recollendo palestinos da primeira Nakba, cando Israel os botou da terra onde vivian. De feito, non sabía que case o 70% das personas jordanas teñen orixe palestino.  Os campos de refuxiados p