Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

Coruxo en Maio

 En Maio, o monte de Coruxo enchese de cores. Os muiños de Gontade rodeanse de violeta coas dedaleiras. O Outeiro Grande e o Mauxo cúbrense do amarelo das xestas. Os escuros bosques nos que as acacias arrasan conservan algo de verde intenso grazas aos fentos. Hai tanto crecemento de prantas que algúns camiños convirtense en túneles vexetáis. Sempre está fermoso pasear polos montes de Coruxo. En Maio, pois tamén. Invasión de Dedaleiras Muiños de Gontade Raios entre cores Muiño violeta Gardian da porta Cor e sombra Luz entre bosques espesos Contraste Variedade Tunel de cores Caseta dos cazadores en cor Vista de varias rías dende o Bandeira Balcón das Cíes Faro de Cíes Por certo, con "monte de Coruxo" refírome a San Miguel, Saiáns, Fragoselo, incluso Chandebrito... e a propia Coruxo.

Non foi un Domingo calquera

 Supoño que a xente que lle gusta a novela negra, e que ademáis estea namorada e orgullosa dos recunchos da ría de Vigo, non lle queda outra que ser admiradora da obra de Domingo Villar.  A min foi o que me pasou: devorei, un tras outro, os seus libros, tan pronto como ian chegando as miñas mans. Gocei moito lendo como Leo Caldas percorría os diferentes lugares de Vigo e arredores buscando pistas para resolver os crimes. Algúns lugares coñecíaos antes de ler as historias, outros busqueinos despóis de lelas, como me pasou co propio Elixio (antes da súa transformación). As novelas transcurrían con ritmo tranquilo e técnico, pero implacable; obrigando a non despegar os ollos das páxinas ata rematar o libro. Ollos de auga. Esta semana de análises póstumos lin que Domingo Villar era o Stieg Larsson Vigués. Hoxe a comparación parece acertada por deixar a obra inacabada. Dende o meu humilde punto de vista literario, a min gustaronme máis as aventuras do inspector Leo Caldas que do xornalista

Anillo de Picos VI. Vega de Ario - Vegaredonda

Os refuxios  Vega de Ario e Vegaredonda están unidos polo camiño que transita polos lagos de Covadonga, e por Pandecarmen. Pero hai outra variante, máis corta, que vai pola vega de Aliseda. Este camiño está desaconsellado con nevoa, porque é moi complicado orientarse. Ese día a névoa era intensa. Como estaba o día moi cuberto non subimos ao Jultayu, que seica ten unhas vistas preciosas do Cares. No canto de facer o pico, seguimos o camiño discurre entre prados ata chegar ao collado do  pico  Conjurtao. Dende arriba non se ve nada. Todo cuberto polo manto branco. So algún grupo de Chovas e rebecos que observan dende a lonxanía, mergullados nunha néboa clara, pero que impide toda visión.  A partir de ahí o camiño desaparece. Entrase nun mar de Caliza cheo de lapiaz, simas e Jous grandes e pequenos. A soidade, a imposibilidade de visualizar o fondo, o silencio, dan a impresión de camiñar por un mundo medio irreal. So temos a compaña de algúnha manada de rebecos. Baixando baixando separámo