Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2018

VietNam - Hanoi

Caos e tradición. Socialismo e micromercado. Tradición e modernidade A luz A noiva Overbooking As rúas do tren Hoi Ban A vendedora Asamblea Nacional Gardián do palacio presidencial As nais da guerra Hanoi ten moito encanto. Pero é un caos. O tráfico non e tan intenso como Ho Chi Min - Saigón, pero so porque as rúas son máis estreitas. As motos teñen forte presencia, mezcladas con bicicletas. As novas xeracións van motorizadas cos seus cascos "quitamultas" e as súas mascarillas "anticontaminación". As vellas xeracións, van a pedais, cos seus tradicionais gorros cónicos de bambú. Da pena pensar que hai uns anos todo eran bicicletas. O progreso nas grandes vilas é primeiro motorizar para despois darse conta que o máis sostible é desmotorizar. Aquí están no primeiro paso. Caminar pola beirarua faise difícil entre tanta moto e tanto comercio, tanto artesan, e tanta xente que saca os taburetes e ponse a cenar n

Illas Cíes

Oxalá as Illas Cíes sexan algún día patrimonio da Unesco. Tanto ten se xunto co resto das illas atlánticas ou por separado. Pero que o sexan para manterse como están, non para ser un reclamo turístico. ​ De todo o que ven pasando os ultimos vrans, non sei que me preocupa máis: os que queren sacarlle proveito a toda costa, ou os anuncios fachendosos das administracións. A realidade é que a masificación destroza os lugares. Queremos un parque sostible ou unha praia abarrotada? Penso que todo o mundo debería ir alomenos unha vez, pero sabendo que se visita un parque natural, non so unha praia moi famosa. Non vaia ser que o famoso artigo do "the Gardian" onde nomeaban Rodas como "a praia máis fermosa do mundo" fose máis unha desgraza que unha vantaxe. Se ben serviu para que puxeramos nós mesmos en valor o noso patrimonio natural (que as veces falla nos fai, aquí somosche así), tamén abriu os ollos aos que poden explotar o arquipelago. Q uizáis deberíam

VietNam Central e Tam Coc

​ O Vietnam non tan coñecido Ponte do dragón Da Nang Montañas de Marmore Da Nang Luz na caverna Da Nang Figuras Budistas Da Nang Vendedora de lamparas Hoi An Gardian imperial Hué Nenufares e nasas Ninh Binh Campos inundados Tam Coc A montaña e o dragón Ninh Binh Ha Long de interior Tam Coc Vietnam Central (alomenos o que visitei: Da Nang, Hué e Hoi An) pareceume moito máis turistico do que esperaba. Da Nang é unha cidade puxante, bastante auténtica, sen moito que ver de cara ao visitante. Ten unha praia enorme ao seu carón, na que están construindo interminables ringleiras de edificios enormes, que imaxino serán hoteles nun futuro. cando estiven eu alí foi época de chuvias, así que praia pouca. A tiro de taxi están as enigmáticas montañas de Marmore. Son cinco de elevacións moi arboladas repletas de pagodas, grutas e esculturas incrustadas nas