Saltar ao contido principal

VietNam - Hanoi

Caos e tradición. Socialismo e micromercado.

Tradición e modernidade
A luz


A noiva

Overbooking

As rúas do tren

Hoi Ban
A vendedora


Asamblea Nacional

Gardián do palacio presidencial
As nais da guerra


Hanoi ten moito encanto. Pero é un caos. O tráfico non e tan intenso como Ho Chi Min - Saigón, pero so porque as rúas son máis estreitas. As motos teñen forte presencia, mezcladas con bicicletas. As novas xeracións van motorizadas cos seus cascos "quitamultas" e as súas mascarillas "anticontaminación". As vellas xeracións, van a pedais, cos seus tradicionais gorros cónicos de bambú. Da pena pensar que hai uns anos todo eran bicicletas. O progreso nas grandes vilas é primeiro motorizar para despois darse conta que o máis sostible é desmotorizar. Aquí están no primeiro paso.

Caminar pola beirarua faise difícil entre tanta moto e tanto comercio, tanto artesan, e tanta xente que saca os taburetes e ponse a cenar na rúa en familia ou con amigos.

E ben curioso pasear polo Ha Noi vello entre postos de todo tipo, temáticos según rúas: ferretería, roupa, zapatos, tendas de North Face... incluso algunha rúa chea de postos de adornos de nadal, cando aquí non creo que o celebren. Atravesar mercados fedorentos (pro noso nariz europeo), e verse atrapado entre motos cargadas de nenos (algúns de tres en tres) na saida dos colexios. Ao rematar o día, xuntanse outra vez entre amigos, sentados en taburetes na rúa para tomar a Hoi Ban, cervexa tipo pilsen local.

O que se aprecia facilmente é que no Norte son moito máis nacionalistas que no sur. As bandeiras deixanse ver en todo tipo de vivendas e lugares. Non so en edificios oficiáis. Ademáis dos murais con pinturas loubando ao sistema

Igual que no Sur. O vietnamita é un comerciante nato. Moito comunismo pero hai comercios de todo tipo en calquera esquina. Iluminados por luces de neon horteras. Incluso postos bici-moviles de froita en todas as cidades. Paradoxas do sistema: o pobo vietnamita é comerciante... e regateador.


Saindo da parte antiga, está a plaza de Ba Dinh. Nela está o edificio da Asamblea Nacional, e enfrente o mausoleo de Ho Chi Min. Unha explanada enorme con mole conmemorativa para adoración do lider, onde descansan os seus restos. Vixiado por guardias de postín. Estilo soviético. Ali conmemoran cada ano a sua perda, con ceremonias patriotico-militares. Paradoxicamente el, ao parecer, pedira xusto o contrario antes de morrer: Non quería ningún tipo de honra postmortem. Imaxino que o culto as bandeiras e os héroes fai que a xente se identifique máis co sistema. Parece un personaxe interesante Ho Chi Min.

Outra paradoxa: ao lado do mausoleo, está a pagoda dunha columna, a máis carismática da cidade. Curiosa república socialista a de VietNam onde conviven en aparente armonía relixion, microcomercio e comunismo.


Estando alí vin unha cousa que me resultou curiosa. O final da explanada, está o palacio presidencial. Na súa porta, de supeto, aparece unha manifestación as portas do edificio. Os militares empezaron a pedir aos extranxeiros que non sacaramos fotos, incluso ordearon borrar alguna. Con boa educación, iso si. Posiblemente este comportamento poida ser tachado de dictatorial ou típico de réxime, pero tampouco vou xulgar nada porque no meu país tamen está prohibido tomar fotos de policías en manifestacions. A concentración era para protestar directamente ao presidente, xa que nuns minutos abrironse as portas e saiu unha comitiva presidencial. Tiña entendido que en Vietnam non hai liberdade de expresión política, pero ahí deixabase gruitar sen cargas e sen pedirlle os papeles a ninguén. Que eu vise. Con isto non quero sacar ningunha conclusión. So é unha pequena testemuña.

Publicacións populares deste blog

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...

Carros de Foc. Día 4

Cuarta xornada. Etapa raiña: O Contraix. Por fin chegou o día. Rematou a conta atrás: A subida e baixada do Collet de Contraix. A etapa máis difícil de todas. Se a rematábamos saberíamos que, salvo desastre, iamos completar os Carros de Foc. Amencer no Estany Negre Derradeira vista á serra do Tumeneia A "ameaza" do Contraix A recompensa do Contraix Estany de Contraix Barranc de Contraix Chegando a Aigüestortes Ventosa i Calvell – Estany Llong. Xa tiña gañas de descubrir como era ese paso do que todo o mundo falaba, e de quitar de enriba esa especie de "espada de Damocles" que nos acompañou cada un dos días anteriores. Almorzamos todo o cedo que permitía o refuxio (normalmente os almorzos son de 7 a 8). Como estaba esperto na litera, baixei antes da hora para organizar a mochila, xa que oa sala onde había que deixalas era bastante pequena en Ventosa i Calvell, e despois do almorzo ia ser un cristo co...

La Fajana (outra volta)

 A verdade é que tanto me gustou esta lugar de La Palma, que non me chegou co primeiro post . Así que por non ser capaz de seleccionar, tiven que facer outro. Máis entradas sobre La Palma  aquí

O cidadán complice

​ Que é o que nos moviliza? Paro. Gürtel. Tres per cent. Precarización laboral. Lei Mordaza. Púnica. Desmantelamento da sanidade. Sede en "B" . Montes queimados. Rescate das autoestradas. Proxecto Castor. Caso Pujol. Brecha salarial. Noos. Portas xiratorias.  Dilapidación das pensións. Caso Palau. Morte nas pateras. Tarxetas Black. Cambio climático. Xeración emigrada. Preferentes. Papeis de Bárcenas. Caso das ITV. Desafiuzamentos. Lino. Patriarcado. Marxinación. Pokemon. Diferencias sociais. Deslocalización. Amnistía fiscal.... ... ou as bandeiras e os himnos? O cidadán que deixa que lle anulen os sentidos e o silencien con patriotismos é un cidadán cómplice. -x- Qué es lo que nos moviliza? Paro. Gürtel. Tres per cent. Precarización laboral. Ley Mordaza. Púnica. Desmantelamiento de la sanidad. Sede en "B" . Montes quemados. Rescate de las autopistas. Proyecto Castor. Caso Pujol. Brecha salarial. Noos. Puertas giratorias .  Dilapidación de...

VietNam Sa Pa (1)

Terras de Sa Pa.  Norte de Vietnam. Etnias e paisaxes. Terrazas asolagadas - Giang Ta Chai - Camiñantes das terrazas de Su Pan Vendo xogar ós nenos - Lao Chai - Nubes e arrozais - Giang Ta Chai - Levando o boi - Ta Van - As pirámides do arroz - Lao Chai - Sorriso - Giang Ta Chai - Nai Dao - Ta Van - Xogos no arrozal - Su Pan - Sol e sombra - Giang Ta Chai - Baixada a Ban Ho - Su Pan - Boi no arrozal - Lao Chai - Carga Giang Ta Chai Sapa (ou Sa Pa, como se di en Viet Nam) está a 8 horas en tren e unha e media de autobús de Ha Noi. É unha rexión famosa polos seus campos de cultivos de arroz. Ao estar sobre colinas, forman escalons, balcóns, ou socalcos para poder reter a auga e facer crecer o cereal. Estes escalóns fan unhas formas verdadeiramente curiosas, moi fermosas de ver. O ideal é admiralas antes da recollida, que é en Outubro, cando as ladeiras son pirámides verdes e h...