O Vietnam non tan coñecido
Tam Coc tamén é coñecido como a Bahia de Ha Long de
interior. A cidade de referencia é Ninh Binh. Varios rios circulan
entre as formas que lembran ás da sua equivalente costeira. Entre
montaña e montaña, prados con vacas e arrozais
Ponte do dragón
Da Nang
|
Montañas de Marmore
Da Nang
|
Luz na caverna
Da Nang
|
Figuras Budistas
Da Nang
|
Vendedora de lamparas
Hoi An
|
Gardian imperial
Hué
|
Nenufares e nasas
Ninh Binh
|
Campos inundados
Tam Coc
|
A montaña e o dragón
Ninh Binh
|
Ha Long de interior
Tam Coc
|
Vietnam Central (alomenos o que visitei: Da Nang,
Hué e Hoi An) pareceume moito máis turistico do que esperaba. Da Nang é unha cidade puxante,
bastante auténtica, sen moito que ver de cara ao visitante. Ten unha
praia enorme ao seu carón, na que están construindo
interminables ringleiras de edificios enormes, que imaxino serán
hoteles nun futuro. cando estiven eu alí foi época de chuvias, así que
praia pouca. A tiro de taxi están as enigmáticas montañas de Marmore.
Son cinco de elevacións moi arboladas repletas de
pagodas, grutas e esculturas incrustadas nas caverna. Din que
representan os cinco elementos. Nós so estivemos na máis grande: a de
auga. E moita auga, Visitala en día de choiva fai que as covas estén
cheas de pingueiras. Foi o que máis me chamou a atención
de Da Nang.
Ao sur, no bus de liña (previo regateo co
recolledor de tickets oficial) está Hoi An. Moi coñecida e publicitada
en todas as guias de Vietnam. Porto comercial próspero no pasado, foi
sobrepasado por Da Nang, e quedou co aspecto de hai cen
anos, polo que é o típico pobo fermoso no que case só pasean turistas e
os que traballan para o turismo. Inda así é moi fermoso, se un é capaz
de obviar a masa de xente que circula polas ruas.
Ao norte de Da Nang, a tres horas en bus, está a
antiga capital imperial, Hué. Tamén tristemente famosa polas matanzas
que houbo na guerra do VietNam. Cambiou varias veces de bando (pola sua
situación fronteiriza entre o Norte e o Sur)
e iso conleva sanguentas represalias. Ao ir cunha excursión dun día, so
pisei a cidade dos emperadores e algún que outro palacio. A verdade é
que digno de visitar. Polo diferente ao occidental e polo conservados
que están.