Saltar ao contido principal

Illas Cíes

Oxalá as Illas Cíes sexan algún día patrimonio da Unesco. Tanto ten se xunto co resto das illas atlánticas ou por separado.

Pero que o sexan para manterse como están, non para ser un reclamo turístico.


De todo o que ven pasando os ultimos vrans, non sei que me preocupa máis: os que queren sacarlle proveito a toda costa, ou os anuncios fachendosos das administracións. A realidade é que a masificación destroza os lugares. Queremos un parque sostible ou unha praia abarrotada?

Penso que todo o mundo debería ir alomenos unha vez, pero sabendo que se visita un parque natural, non so unha praia moi famosa.

Non vaia ser que o famoso artigo do "the Gardian" onde nomeaban Rodas como "a praia máis fermosa do mundo" fose máis unha desgraza que unha vantaxe. Se ben serviu para que puxeramos nós mesmos en valor o noso patrimonio natural (que as veces falla nos fai, aquí somosche así), tamén abriu os ollos aos que poden explotar o arquipelago.

Quizáis deberíamos plantexarnos se un parque de tal valor paisaxístico e ecolóxico debe promocionarse coa imaxe dunha sombrilla de praia, ou coa imaxe dunhas botas de sendeirismo.




illas cíes vigo parque atlantico galicia
San Martiño


illas cíes vigo parque atlantico galicia
Pedra da campá


illas cíes vigo parque atlantico galicia
Alto do Principe


illas cíes vigo parque atlantico galicia
Lusco e fusco Atlántico


illas cíes vigo parque atlantico galicia
Amanece en Rodas


illas cíes vigo parque atlantico galicia
Illote Ruzo


illas cíes vigo parque atlantico galicia
Monte das Herbas


illas cíes vigo parque atlantico galicia
Faro da Porta


illas cíes vigo parque atlantico galicia
As donas das Cíes
Máis nada




illas cíes vigo parque atlantico galicia
Lago de Cíes


illas cíes vigo parque atlantico galicia playa rodas
Paz antes do desembarco


illas cíes vigo parque atlantico galicia
Caribe a 16 graos


illas cíes vigo parque atlantico galicia
A caseta das aves



Publicacións populares deste blog

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo ser

Irlanda - Munster

En Munster coinciden os maiores reclamos que ten Irlanda. Limerick, Cork, Cashel, Parque Nacional de Burren, Kerry, Adare... e sobre todo os merecidamente famosos cantís de Moher. -x- En Munster coinciden los mayores reclamos que tiene Irlanda: Limerik, Cork, Cashel, Parque de Burren, Kery, Adare... y sobre todo los merecidamente famosos acantilados de Moher. Cliffs of Moher. Paredes do Oeste Solpor en Moher. Cantís dourados Cashel As ruinas Burren Nin Auga, nin árbores, nin terra As fiestras de Cork University of Cork As canles do Lee A dinámica Cork é a capital de Munster, ou "terra de Mum". A chegada de empresas estadounidenses animadas pola fiscalidade irlandesa está facendo crecer en importancia esta vila. Surcada polos canales do rio Lee, os seus coloridos edificios de tres ou catro alturas son moi caracteristicos. Actualmente é a terceira poboación de Irlanda, despois de Dubl

O Grove

O Grove non é o mellor sitio para darlle a volta en bici. Pero si que ten moreas de sitios que valen  a pena visitar...  e facerlles fotos, que diso vai a entrada.  Pensamos en repetir a idea de fin de semana de volta en bicicleta pola peninsula. Pero a realidade foi que non se deixou moito. Ten vías moi tranquilas e ciclables. tamén carreiros que bordean o litoral. Pero tamén ten moito areal sen posibiliade de rodear. E tamén pequenos cantís nos que hai que levar a bici ao lombo. Agora ben, fermoso é dabondo. Tanto praias como paseos e portos. Tampouco acompañou moito o tempo. Pero eso ten as súas vantaxes: menos xente e mellores luces e estampas para esto das fotos. Ten moita extensión. Realmente só fixemos unha pequena parte, a da costa norte. Así que non me importaría para nada repetir.

Jerash

Normalmente as ruinas non prosperan porque as cidades ou asentamentos necesitan progresar e crecer.  E moitas veces fano sen valorar o pasado e o destruen ou expolian. Pasou con murallas medievais, igrexas, barrios enteiros en todo o mundo. Non foi o caso de Jerash. Aquí a cidade foi asolada por un terremoto que rematou con ela. E no canto de reconstruirla os seus habitantes decidiron abandonala. Por esta vila pasaron mesopotamos, mamelucos, gregos, persas, pero os que deixaron maior impronta foron os romanos. Séculos despois, tralas guerras, volveuse habitar este asentemento, pero na colina do lado, polo que os restos se respectaron (máis ou menos) e hoxe en día é unha das vilas romanas mellor conservadas do mundo. Centos e centos de columnas, pórticos, igrexas, anfiteatros, circos, rúas romanas, beirarúas... Jerash ten de todo. Cando se puxo en valor o asentamento, se reconstrui o que se puido. Pero hai moitos restos que seguen baixo a terra, descubertos a miudo. Unha moi grata sorpr

A Fada e o Dragón

Se hai algo do que podemos presumir en Vigo é dos nosos atlánticos Solpores. A orientación da cidade e as nubes que adoitan acompañarnos fai que moitas tardes pague a pena pararse a mirar o ceo. Un bo sitio para observalos é o Paseo de Alfonso XII. A primeira espectadora é esa fada ao lombo do dragón, que seica pretende sobrevoar as ondas do mar da ría pero que nunca chega a facelo. Hacia o Solpor A fada e o Dragón Ceo Ocaso Baixo as nubes Viaxe eterna cara o Solpor. Solpor (2) Treboada