Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2021

Volta Monte Perdido e Vignemale. Pineta - Espuguettes

Etapa raiña. Sexa cal sexa o paso cara Francia: O Tucarroya ou Puerto Pineta. O mal tempo empurrounos a evitar as cotas máis altas. Non se via prácticamente nada. Do lado norte, agardaba o Sol. O mundo ao revés. Puerto Nuevo Pineta O día xa comenzou regular. Moita nube e moito bochorno tormentoso. Deixamos atrás o bosque de Pineta e comezamos a subir. Cando tocou decidir non ocorreu coma o día anterior. Malamente viamos nada. Cubrindose Circo de Pineta Balcón de Pineta cuberto Deunos para ver a un grupo que facía a ruta ao mesmo tempo ca nós, que tiña pensado pasar polo Tucarroya, dirixindose cara Puerto Nuevo de Pineta. Alcanzamolo e dixeronnos que non o vian nada claro. Como eran experimentad@s (máis ca nós), decidimos ir canda eles, e deixar o Balcón de Pineta e o lago Mallafré para outra ocasión. Din que é espectacular, pero se non se vai ver nada… Puerto Nuevo Francia O paso por Puerto Nuevo non é ninguna broma tampouco. Moito desnivel e a parte final pedra desfeita. Dous pasos ad

Volta Monte Perdido e Vignemale. Goriz - Pineta

O espectacular e aereo paso da Faja das Olas, e o descenso brutal ata o val de Pineta.   Saindo cedo outra vez de Goriz. As luces e sombras nos prados e nos cumios resultan espectaculares. Chegamos ao punto onde hai que decidir se imos por arriba (Faja das Olas) ou por abaixo (Fuenblanca).  Primeiras luces nas montañas Camiño a Faja das Olas Hai nubes, pero non ten pinta de que amenacen, polo que nos diriximos cara arriba. A Faja das Olas é un sendeiro aereo (con moito patio ao lado) pero non exposto. Quitando un par de pasos delicados que teñen auga de fervenzas de desxeo, que con coidado se superan perfectamente. Outra cousa sería con choiva.  Sarrios Nas partes complicadas ou máis esbaradizas hai cordas e cadeas. O premio por ir por aquí: as vistas tremendas do val do Añisclo, e do seu collado. Val do Añisclo Saindo da Faja das Olas Nubes e montañas Collado do Añisclo Chegando ao collado do Añisclo avistase o val de Pineta. Abaixo, abaixo. Tan abaixo que doen os xeonllos de pensar t

Volta Monte Perdido e Vignemale: Bujaruelo - Goriz

Pasando a Francia polo porto de Bujaruelo e volvendo a Aragón pola Brecha de Rolando. O Paso dos Sarrios. A brecha de Rolan Bujaruelo é un refuxio con moito movemento, xa que é punto de partida de moitas excursións, e ten acceso en vehiculo por pista. Para comezar cedo, durmimos a noite anterior a primeira etapa, entre impaciencia por comezar e dubidas sobre como se nos daría a alta ruta, a climatoloxía, que non era alentadora… Puerto Bujaruelo Comezamos ben cedo e non paramos de subir ata o porto de Bujaruelo. De camiño abandonas bosque primeiro, praderas despois, para chegar a pedra pura e dura. E os primeiros neveros. Cando se chega ao refuxio de Sarradets todo era neve, e iso que estabamos en Agosto. A brecha de Rolando aparecia entre a brétema. Non facía bo dia. Serradets Camiño a Brecha No interior da Brecha A preocupación por non levar crampons disipouse cando comprobamos que o camiño entre a neve estaba moi pisado. Facendo “zetas” chegamos a impresionante fisura na parede da mo