Saltar ao contido principal

Volta Monte Perdido e Vignemale. Goriz - Pineta

O espectacular e aereo paso da Faja das Olas, e o descenso brutal ata o val de Pineta.

 

alta ruta perdidos pineta goriz faja olas pirineos

Saindo cedo outra vez de Goriz. As luces e sombras nos prados e nos cumios resultan espectaculares. Chegamos ao punto onde hai que decidir se imos por arriba (Faja das Olas) ou por abaixo (Fuenblanca). 

alta ruta perdidos pineta goriz faja olas pirineos
Primeiras luces nas montañas

alta ruta perdidos pineta goriz faja olas pirineos
Camiño a Faja das Olas

Hai nubes, pero non ten pinta de que amenacen, polo que nos diriximos cara arriba. A Faja das Olas é un sendeiro aereo (con moito patio ao lado) pero non exposto.

alta ruta perdidos pineta goriz faja olas pirineos

Quitando un par de pasos delicados que teñen auga de fervenzas de desxeo, que con coidado se superan perfectamente. Outra cousa sería con choiva. 

alta ruta perdidos pineta goriz faja olas pirineos
Sarrios

Nas partes complicadas ou máis esbaradizas hai cordas e cadeas. O premio por ir por aquí: as vistas tremendas do val do Añisclo, e do seu collado.

alta ruta perdidos pineta goriz faja olas pirineos
Val do Añisclo

alta ruta perdidos pineta goriz faja olas pirineos
Saindo da Faja das Olas

alta ruta perdidos pineta goriz faja olas pirineos
Nubes e montañas


alta ruta perdidos pineta goriz faja olas pirineos añisclo
Collado do Añisclo

Chegando ao collado do Añisclo avistase o val de Pineta. Abaixo, abaixo. Tan abaixo que doen os xeonllos de pensar todo o que queda por descender. 

alta ruta perdidos pineta goriz faja olas pirineos añisclo
Vistas privilexiadas

alta ruta perdidos pineta goriz faja olas pirineos añisclo
As raiñas do collado

Divisase o Parador e os meandros do río. A medida que se perde altura o val volvese máis grande e máis verde. Parece que non remata nunca, xa que entramos no bosque perdendo referencias pero nunca se deixa de baixar.
alta ruta perdidos pineta goriz faja olas pirineos añisclo
A baixada

alta ruta perdidos pineta goriz faja olas pirineos
Val de Pineta

alta ruta perdidos pineta goriz faja olas pirineos
Os pasos de mañá

Finalmente chegamos ao cauce do rio, onde nalgún prado vemos os posibles pasos de mañá: O porto Nuevo de Pineta, ou o balcón de Pineta. Veremos.


Máis entradas da Alta Ruta do Perdidos Aquí

Publicacións populares deste blog

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo ser

Jerash

Normalmente as ruinas non prosperan porque as cidades ou asentamentos necesitan progresar e crecer.  E moitas veces fano sen valorar o pasado e o destruen ou expolian. Pasou con murallas medievais, igrexas, barrios enteiros en todo o mundo. Non foi o caso de Jerash. Aquí a cidade foi asolada por un terremoto que rematou con ela. E no canto de reconstruirla os seus habitantes decidiron abandonala. Por esta vila pasaron mesopotamos, mamelucos, gregos, persas, pero os que deixaron maior impronta foron os romanos. Séculos despois, tralas guerras, volveuse habitar este asentemento, pero na colina do lado, polo que os restos se respectaron (máis ou menos) e hoxe en día é unha das vilas romanas mellor conservadas do mundo. Centos e centos de columnas, pórticos, igrexas, anfiteatros, circos, rúas romanas, beirarúas... Jerash ten de todo. Cando se puxo en valor o asentamento, se reconstrui o que se puido. Pero hai moitos restos que seguen baixo a terra, descubertos a miudo. Unha moi grata sorpr

Illa de Arousa

En Galicia temos moitos paraisos. Un deles é a illa de Arousa. Realmente ten de todo: areais virxes  de augas transparentes como o de Areoso (bueno, non é exactamente a illa, pero está ao lado) Chiringuitos super acolledores Pero o que máis me gusta da illa é que a atopo moi "Bici friendly", é posible ir a calqueira punto en dúas rodas. Os seus solpores. Sucesión de dunas e praias. E Areoso, claro

Saiáns

A derradeira praia de Vigo. Muiños de Fortiñón. Famosa pola forza das súas ondas. Colonizada polo feismo. Inda así, dándolle as costas as casas, a paisaxe é espectacular. As súas rochas esconden moreas de postáis grazas a cantidade de pedras, algas, charquiños, a insistencia do mar e As Cíes presidindo o fondo. As fotos están feitas en Decembro. Neste mes o solpor visto en Saiáns escápase por Monteferro. Haberá que voltar no vran, cando o Sol despidese no medio e medio das illas Cíes O abrazo das ondas Lagoas agochadas de Saiáns Horizonte Dous por dous catro A saida Tres do solpor Cíes   PS: Grazas a dous (2 polo momento) bos colegas, que prestáronse a facerme de figurantes :-)

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia do