Etapa curta pero moi dura físicamente, debido a baixada por Piedra Bellida, e a subida pola canal do Trea. Supón un kilómetro vertical de baixada e outro de subida, pero o esforzo paga a pena, xa que proporciona espectaculares estampas do desfiladero do río Cares dende diversos puntos de vista.
|
Refuxio Vega de Ario. |
A saida de Jou de Cabrones ata a Majada de Amuesa empeza forte. Varios pasos con cordas, algúns expostos, e o piso estaba mollado e gastado. O día comezou moi húmedo e pechado
O camiño habitual ata o río Cares é ir pola Majada de Amuesa e baixar pola canal do mesmo nome ata Bulnes, e logo pola canal de Texu para acceder ao desfiladero do Cares por Poncebos. Porén, nos collimos a vía mais directa, que é a Canal de Piedra Bellida. Menos transitada e máis complicada de atopar en días con névoa.
A canal é moi empinada tanto ao principio como no tramo final, e con varias pedreras. A pesar de ser escarpada, as vistas que ofrece do Cares son espectaculares (ou mellor dito das paredes que o río esculpiu, xa que a auga está moi abaixo) son espectaculares. A nevoa do día dalle un aspecto case místico as montañas do macizo central.
|
Vista do macizo central |
|
Canal de Pedra Bellida dende abaixo |
|
Paredes impoñentes |
|
Derradeiros prados antes do Cares |
Tras cruzar o Cares, remontamos ata a ruta do seu desfiladero, percórrese en sentido hacia Caín, ata atopar o desvío da Canal do Trea. Maila facer mal día, este camiño estaba transitado por varios excursionistas de día. Despois de levar xa varios días na montaña, resulta curioso atoparse xente vestida “normal” camiñando. O noso aspecto (e o cheiro, hai que dicilo) é completamente da xente que nos ibamos cruzando.
|
Paso do rio |
|
Desfiladero do Cares |
A canal do Trea é moi fermosa, pero moi dura. O ascenso é implacable. Primeiro bosque, faias, logo pedra. Algunha vega e remata cun prado. Pero case sempre sendeiro. E polo menos o seu final non é tan explosivo como o de Jidiellu. Faise dura, porque coincide no final do día, é o terceiro “kilómetro vertical” que subimos nestes días en Picos de Europa, e porque entra e néboa acompañada de choiva. As nubes e a auga dannnos un pequeno respiro na parte final, que permite volver a ter vistas.
|
A vista abre sobre a canal de Trea |
Cambiamos de macizo, pasamos de estar no macizo central ou dos Urrieles a pisar o alto do de Cornión ou occidental. Pero cando enfilamos de camiño ao refuxio de Vega de Ario chega a treboada. E con forza. Os derradeiros metros facémolos case a carrera. Entre a névoa escura que semella noite aparece o refuxio, rodeado de vacas que nestes momentos estabanse queixando pola forte choiva. As pobres quedan fora. Nós, a salvo.
En cuestión de minutos, a treboada para e deixanos ver o macizo central dende o que viñemos. Ata nos regala a vista cun arco da vella completo e un ceo estrelado.
|
Macizo central dende Vega de Ario |
|
Estrelas sobre o refuxio |
Máis entradas sobre o Anillo de Picos Aquí