Saltar ao contido principal

O Rego Barxa e o que lle ameaza

Por incrible que pareza para quen non o coñeza, o rego Barxa está en Vigo. A 20-25 min en bici do Casco Vello. Entre Castrelos, Sárdoma e Beade.

O paseo é precioso. O rego ten varios saltos de auga, minifervenzas, está envolto por un frondoso bosque polo que apenas se colan os raios de sol, e incluso ten un muiño máis ou menos enteiro.


Como tantas e tantas cousas fermosas en Vigo, está esquecida e apartada. Sen camiños definidos. Con certo aroma decadente. Debo confesar que eu tampouco o coñecía ata hai ben pouco.

Quizáis mellor así: dunha banda, non se masifica e non se altera nin se ensucia de porcallada. E dutra banda, o Concello non o destroza pretendendo poñelo en valor.


Máis agora está en perigo. O trazado do Vial OP010 (proxectado entre Bembrive e Pereiró, pasando por Beade e Castrelos) queda preocupantemente preto deste oasis urbano. E non ten ningún nivel de protección.

 

Si xa se fan desfeitas nas zonas que - teóricamente - están protexidas (vexase Cabo Estai, ou o propio Casco Vello)... que non vai pasar aquí?


O Vial OP010 non ten ningún tipo de estudo de impacto ambiental (para variar en Vigo) . Non se sabe como poden afectar as obras a este patrimonio natural das viguesas e vigueses. 


O máis triste de todo, é que tampouco se estudou, ou se xustificou debidamente, a necesidade deste vial.

 

Vigo é a cidade máis ruidosa de España. Tamén a que máis coches ten por habitante. E as soluciones que aporta este concello para a movilidade, sempre son máis e máis infraestructuras para coches. 


Vigo está pensada para moverse en vehículo particular. Nunca se atreven a cambiar de paradigma. 

Da igual a axenda 2030 da Unión Europea, da igual a lei de transición ecolóxica, da igual o cambio climático. Vigo é os que o gobernan son cochecentristas. 


Por eso queren facer este vial sen moita explicación; é para aforrar 5 min aos coches: está xustificado. Estrague o que estrague. O vehículo é a prioridade.

Causa xenreira e frustración ver como sempre que a veciñanza se organiza para ofrecer alternativas e esixir explicaciones é ninguneada polo alcalde e o Concello. 

Non acabo de entender ese desprezo por xente que ama Vigo e tenta protexelo. E que non ten partidos políticos nin medios de comunicación detrás para defenderse.

A xente do centro eran tres señoritos, a xente do rural son catro terratenientes. Para o concello a participación cidadá consiste en votar cada catro anos, e pasar o periodo entre unhas elecións e as seguintes cos ollos vendados e a boca pechada. Todo aquel que non aplauda é antivigués e vai en contra do "progreso" da cidade.

Todo o meu apoio a AVIBE (asociación en contra do vial). O seu éxito será o éxito de tod@s. Xa que, se conseguen tumbar o vial, e quitalo do PXOM, salvarán o noso rural deste ataque inxustificado. Tamén salvarán o Barxa, se a súa reivindicación de convertilo en nivel de protección ENIL prospera. Isto vai no interese de todas as viguesas e vigueses. Tod@s deberíamos apoiar a AVIBE.


As dificultades que teñen son grandes: un concello orgulloso, prepotente e opaco, o seu rodillo, a mentalidade procoche da cidadanía... Máis están demostrando que son capaces. Ogallá manteñan a forza, salven o seu entorno de vida, e de paso, ecosistemas coma o do Rego Barxa.

Todas as fotos desta entrada foron feitas no entorno do Rego Barxa, nas Relfas. Cedo todos os dereitos de reproducción destas imaxes, coa única condición que o uso sexa para informar do perigo que corre este entorno, ou para reivindicacións contra o vial OP010.

Para ver outras zonas polas que pasa enriba o vial, ver aquí.

Publicacións populares deste blog

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...

Bretema nas Cíes

  Debido, imaxino, ao éxito das Illas Cíes agora está máis dificil conseguir praza para o camping. Hai que collelo con bastante tempo de anticipación. Así que pode pasar que, cando chega por fin o día de ir gozar das illas, toque temporal. Pódese pensar que é unha boa mala sorte: ter que pasar a tarde agotando as reservas da cantina do camping, achicar auga da tenda de campaña, esquecerse de ver estrelas, nin starlight, nin nada. A boa nova foi que o día seguinte do temporal, amenceu con sol. Polo menos iase secar a tenda.  Pero nin por esas: antes de que avanzara a mañá, chegou unha brétema marítima que impedía ver nada. Nin ir a praia, nin bañarse, porque había frío. Pois non queda outra que ir ata o faro de Cíes.  Quen ia pensar que, a metade de camiño iamos sobrepasar a nevoa, e camiñar sobre as nubes. E ver como as illas facían de barreira natural das nubes que non paraban de chegar dende o Atlántico. Polo de agora, as Cíes sempre compensan.

Cabo Estai

​​ "Mirando na rede, descubrín que - en Cabo Estai - hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor" Cabo Estai Os muros de Xunqueiro Pedras verdes O palco das Cíes O faro escondido Derradeiras luces da furna Cíes As escaleiras do faro de Cabo Estai ​ Cabo Estai é un deses sitios que sabes que está ahí pero que nunca lle da a un por visitar. Lembro que pasei por alí unha ou dúas veces, xa hai anos. A imaxe difusa que tiña na mente era de unha grande extensión sen un punto característico ou concreto onde poder ver o mar. Mirando na rede, descubrín que hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor. Para ir dando pedáis está un pouco lonxe, así que fun parando nas calas con rochas e algas, que van aparecendo cando se deixa atrás o rebumbio de Canido e vaise entrando na afastada zona resid...

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...

Passaran. Estagnous - Mont Valier

Etapa 5 e derradeira do Passaran  Volta ao inicio e saida da alta montaña. Incia con subida ata o Col de Pecouch, onde vemos por derradeira vez o Etang Rond. e baixamos por un terreno calizo con curiosas marcas nas pedras (imaxino ocasionada polos glaciares) ata chegar o val dos lagos Milouga e Etang d´Arauech. O camiño xa non é de montaña, transita por prados e colinas ata atopar o cruce co GR 10, que nos leva ata o refuxio da Maison du Valier. Etang Arauech. Mont Valier fondo dereita Pedras con formas curiosas Máis entradas do Passaran  Aquí