Fotos feitas durante o roteiro de sendeirismo que percorre o val do Cocora. Dentro do eixo cafetero Colombiano.
A ruta comeza no bosque de palmas de cera. Simbolo de Colombia. Aqui hai varios miradoiros e é unha zona moi visitada.
A medida que se vai subindo e introducindose no val do rio Quindio vaise atopando menos xente.
O carreiro pasa por varias fincas que son de pago. pensaba que era para protección da area, pero seica é porque son parcelas privadas.
Tamén se pode visitar unha caseta onde se pode ver colibries e se pode tomar café. Para atraer aos paxariños, está rodeada de cuncos con auga con azucar.
Nun principio non mepareceu moi ben este intervencionismo para que os guiris vexamos a estes pequenos animáis. Pero despois estiven buscando e non teño claro que sexa perxudicial para eles, máis alá de que imaxino que se malacostumbrarán.
O remate é unha baixada a beira do rio, que ten varias pontes e algunha fervenza, como a que se chama Palmas de Niebla.