Saltar ao contido principal

Colombia

 Entradas da viaxe a Colombia en Xuño do 2024.


Fai click na imaxe para acceder as publicacións.

Tayrona

Cidade Perdida dos Teyuna

Valle del Cocora

Bogotá

Cartagena

Medellín


Eje cafetero

Publicacións populares deste blog

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...

Barragán

 En Galicia, a terra dos mil ríos, posiblemente o Barragán non deixe de ser un máis. Outro deses regos con moreas de recunchos que, por sorte, mantense sen estragar. Quizáis por non ter acceso inmediato nin cercano dende as grandes urbes, ou por non ter un percorrido moi sinxelo, ou por ter a fortuna de non estar cruzado polo trazado de ningunha autoestrada ou via do tren, o afluente do Oitavén conserva a súa contorna nun estado aparentemente intacto, alonxado de masificacións ou aberracións. A fraga do Barragán é das máis fermosas da provincia de Pontevedra. Fotos feitas no percorrido do PR164

Camiño dos Faros. De Muxía a Touriñán

  O camiño dos Faros chega a Muxía. Onde comeza o tramo máis salvaxe desta ruta. Virxe da Barca Ría de Camariñas A ferida do Prestige Cuño Punta Buitra Praia Moreira e Cabo Touriñán Baixada praia Moreira Praia Moreira Touriñán Relax na Costa da Morte Atravesando Touriñán Estrada a ningures O cabo de occidente Faro Touriñán Tras outra etapa “interior” pola ría de Camariñas chegamos a Muxía, Zona cero da catástrofe do Prestige. Alí atopamos a carismática Virxe da barca e a (ex)pedra de abalar. Está collendo pulo como destino de peregrinos, trala popularización do camiño de Santiago ata Fisterra. Dende ahí comeza a etapa máis dura e máis virxe do Camiño dos Faros. Alomenos antes de que construiran un pedazo mamotreto de hotel na praia de Lourido, cos fondos do plan Galicia para a recuperación da crise do Prestige. A formula de sempre para sair adiante: asfaltar a costa e turismo de hotelazo. Os montes Cachelmo e Pedrouzo, Punta Buitra e...

Islandia (I) - Jokulsarlon

  Lago de Icebergs de Jokulsarlon.   ​ Espectáculo inmóvil. Formas xélidas de todos os tamaños e cores. Caos de xeo.  Silencio e frío. Impresiona. Mesmo sen ter as luces de final do día, nin ceo claro, nin vento tranquilo que deixe calma a auga. Jokulsarlon  é un deses lugares que se quedan na cabeza toda a vida.

Pura Vida (1)

Pura vida, é un especie de saudo en Costa Rica, unha resposta  a pregunta mecánica “Hola, Como estás?”. Sen embargo, esta frase para os costarricenses vai máis alo: simboliza un xeito de entender a vida. Expresa a simplicidade do bo vivir, optimismo, alegría, abundancia e exuberancia interpretadas dende un punto de vista sinxelo e humilde. Como na naturaleza. Un reflexo desa diversidade natural da que disfrutan os “ticos”.  Pura Vida (Morpho Azul Costa Rica) Cangrexo Halloween A espera Araña Oro Orbe Pelícano Iguana