Subida clásica a este emblemático pico. Dende Torrebarrio, preto de San Emiliano. Nos poucos máis de dez quilometros subense e baixan máis de mil metros de desnivel. Pero paga a pena, porque a paisaxe é ben fermosa. Tanto da parte leonesa coma no collado Ronzón, onde se xunta coas rutas que veñen de Tuiza, en Asturias. Como era sábado de ponte, era un pouco berbena de xente. O que me pon algo nervioso sobre todo cando hai zonas de pouco paso que poden estar expostas. Por sorte na Peña Ubiña solo hai un par de sitios nos que ocorre esto. Eso si, o de estar en intimidade no cumio, imposible. Ao ser unha montaña bastante illada, as vistas son impresionantes en todas direccións. E o cresteo é moi chulo tamén. Por sorte as nubes que apareceron non chegaron a descargar e tivemos a baixada en paz.
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".

