Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2022

3000 Ibones. Larribet - Wallon

.  A etapa entre o refuxio de Larribet e o de Marcadau pode que sexa a máis dura da ruta. No noso caso así foi, xa que comezamos cunha forte treboada, que por sorte foi relaxando durante o día. Rebaño baixo o Balaitus Comeza en baixada ata o val de Arrens. Unha vez no val, hai que subir todo o longo do val, gañando altura ata  chegar preto da fronteira con Aragón (Port de la Peyre de St. Martin), e ahi coller cara o col de Cambalés. Un collado rudo, cheo de canchales de roca e neveros. A baixada ata Marcadau pasa por varios ibones, e se as nubes o permiten, divisase o gran Vignemale ao fondo. Ponte de Larribet Baixada cara Arrens Restos da treboada Val de Arrens Cara o col de Cambalés Vistas dende o alto Baixada Buscando o camiño Compañeiras Lacs de Cambalés Aparece o Vignemale (B/N) Marcadau

Reno Renardo

Se por algúnha casualidade remota caes nesta páxina, preguntaraste... Pero que carallo pinta o Reno Renardo nun blog de fotografía de rollo medio intensito? Bueno... A verdade é que eu son moi fan. E eles  uns visionarios: Tal e como está a cousa hoxe en día, dan no clavo: O mundo vaise a merda porque está cheo de xente imbécil. O bogavante, a Solitaria e o Megalodón non tardarán en desbancar aos humanos, que son o puto peor. Non hai problema no que o humor sobre. Solo é cuestión de tempo. Rirse de todo sempre é unha boa opción.

Fuciño de Porco

Punta Socastro, máis coñecida como "fuciño de Porco" en O Vicedo. O que imaxino que simplemente era unha pasarela de acceso a unha baliza, co boca - orella - instagram converteuse nun auténtico reclamo para O Vicedo.  Realmente mereceo, porque esta punta é ben fermosa.  Ainda quedan épocas do ano e momentos no día no que se pode visitar case en soidade, esquivando as procesións de visitantes (todo o mundo ten dereito a ver todos os sitios, pero cando o imos tod@s ao mesmo tempo, facemos que perdan o encanto).  Cando se dan as circunstancias, o paseo é unha maravilla para a vista e a cámara.