Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2015

Non solpor na Fonte

Unha tarde de primavera acerqueime ata a praia do Tombo do Gato (A Fonte). Quería sacar ese solpor de nubes vermellas que temos a sorte de ver tantas tardes dende este lado da Ria. Non tiven sorte. Cando o Sol comezaba a acercarse ao mar, unhas nubes moi gordas puxeronse enriba do oceano e fixeron que no lusco e fusco apenas se diferenciase entre unha cousa e a outra. Ao mal tempo boa cara. Fixeime entón nas rochas da praia: As flores que saen entre elas, as algas verdes fosforito que as cubren, a marea que as rodea... Detalles aos que non lles  faría nin caso de estar presente o solpor. Sean Penn, interpretando un fotógrafo de mirada profunda e voz ronca, nunha peli que non lembro o nome, dixo: "As cousas fermosas non buscan chamar a atención"  Pois eso. Algas O penedo do Tombo do Gato Capas de rochas e frores Entre o ceo e  o mar Verde alga

B/N parcial

   Hai Imaxes nas que chega cu nha soa cor.  Cando es a cor é repres esntativ a dabondo , o resto están de máis.   Para iso temos o blanco e negro parcial Os redeiros Celestes Vermello Canadá Azul Santorini Amarelo New York Azul Iceberg Verde Vitrasa Outro Azul Iceberg