A folga xeral é unha ferramenta para conseguir dereitos. Non caen do ceo: Xornada de 8h, descanso na fin de semana, vacacións pagadas, pago de horas extras, eliminación da explotación infantil... Dame moita pena cando escoito xente dicir que non vale para nada. Ou cando se critica a xente que fai un esforzo enorme por que a protesta teña repercusión. Se sae ben presiona as administracións a facer cambios para mellorar a vida da cidadanía. Prefiro xa nin pararme a describir o que penso cando leo a dirixentes políticos insultar por non estar de acordo coas reivindicacións. En vez de pararse a reflexionar porqué están en contra de un sentir popular, ou simplemente escoitar. Cando a voz do pobo é incontestable e multitudinaria non queda outra que tomar nota. É moi fermoso ver a xente de todo tipo de condicións loitar xunta polos seus dereitos. Ver a movilización colectiva por mellorar as condicións de vida das persoas. Ver a solidaridade de clase, milleiros de persoa...
Levaba un tempo sen publicar nada. Quería retomalo un día (ou mes) de estos. Pero non dou sacado moito tempo. Gosto máis de facer fotos que de escollelas e publicalas (...) Pero un día destes que saín a dar un garbeo polos montes de Coruxo e Saiáns (un día de moitos, quen mire un pouco este blog pode comprobalo, calquera tarde é boa para estar entre os bosques despois do traballo), pareceume que estaba todo tan fermoso que me deu por compartilo. Ademáis coincidíu que chovía, aos poucos, co que estaba eu so. Tiven sorte porque daban moita máis choiva que a que realmente caeu, e supoño que eso botou para atrás ao resto da xente. Que tampouco pasa nada se me atopo con xente, pero sempre lle da un encanto especial. Tampouco é por ponerme intenso, é máis propicio a evadirse do ruido da cidade. Bueno, e non paso vergoña se alguén me ve poñendo o minitripode e correndo para posar. Non é por facer o instagramer, é porque me parece que hai fotos de paisaxes que gañan si se empatiza cun esp...