Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2018

VietNam Sa Pa (2)

Terras de Sa Pa.  Ao fondo do val. Welcome to Ban Ho Arrozal de Sa Pa Meigallo E ti, que? Indundadas A clase Volvoreta Corre Volvoreta 2 Teletransporte Foto! A medida que un se afasta da poboación principal de Sa Pa, a pegada do turismo nótase menos. A xente está máis pendente dos seus traballos que de venderlle pulseras ou latas de bebida aos foráneos. Realmente na parte baixa do val, a sensación é máis de observador que de observado. As “homestays” semellanse máis a casas de xente que a hostais. É máis auténtico. Co auxe do turismo nesta zona de Vietnam, non sei se ao final cambiará o carácter das diferentes etnias. Según nos dixo a guía, a pesar da gran extensión dos espectaculares arrozais, a colleita so da para consumo propio da rexión. Polo tanto, os ingresos a maiores son – obviamente – benvidos.  Espero que se poida  mesturar con equilibrio as tradicións de sempre coa adaptación ao turismo de masas

VietNam Sa Pa (1)

Terras de Sa Pa.  Norte de Vietnam. Etnias e paisaxes. Terrazas asolagadas - Giang Ta Chai - Camiñantes das terrazas de Su Pan Vendo xogar ós nenos - Lao Chai - Nubes e arrozais - Giang Ta Chai - Levando o boi - Ta Van - As pirámides do arroz - Lao Chai - Sorriso - Giang Ta Chai - Nai Dao - Ta Van - Xogos no arrozal - Su Pan - Sol e sombra - Giang Ta Chai - Baixada a Ban Ho - Su Pan - Boi no arrozal - Lao Chai - Carga Giang Ta Chai Sapa (ou Sa Pa, como se di en Viet Nam) está a 8 horas en tren e unha e media de autobús de Ha Noi. É unha rexión famosa polos seus campos de cultivos de arroz. Ao estar sobre colinas, forman escalons, balcóns, ou socalcos para poder reter a auga e facer crecer o cereal. Estes escalóns fan unhas formas verdadeiramente curiosas, moi fermosas de ver. O ideal é admiralas antes da recollida, que é en Outubro, cando as ladeiras son pirámides verdes e hai b